Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexeita a petición da Xunta

Transferencia de Salvamento Marítimo? A galega Salgado di que non

A ministra galega no goberno español non ten constancia "escrita" de ningún compromiso pechado polo seu antecesor, Jordi Sevilla. Ademais, afirma, "non está transferida a ningunha comunidade".

Redacción - 14:45 23/10/2007

A ministra de Administracións Públicas do goberno español, a galega Elena Salgado, asegurou este martes en Lugo que non ten constancia de que no seu departamento exista ningún compromiso pechado co seu antecesor, Jordi Sevilla, para transferir a Galiza as competencias en materia de Salvamento Marítimo, na actualidade dependente de Fomento.

"Eu non atopei ningún escrito onde iso estivese de manifesto, e non hai documentos que manifesten que esa transferencia estaba de verdade exposta", asegurou. Ademais, Salgado remarcou que son competencias que "non están transferidas a ningunha comunidade".

A ministra agregou que a transferencia desta competencia sería "moi complicada", porque "unha comunidade autónoma non ten adscritos todos os medios para o salvamento marítimo, que están a disposición de todas para utilizalos aquela que o necesite".

A responsábel de Administracións Públicas puxo especial énfase en advertir que as cousas no Ministerio "non cambiaron ao cambiar o seu titular" no que se refire ás transferencias. Con todo, aludiu ao "tempo curto" que resta para as vindeiras eleccións xerais: "Non debería de estrañarnos que algunha das competencias requiridas non se poida finalizar neste período".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: