A tripulación Moañesa leva seis vitorias en seis regatas, e vai marcando o ritmo na liga nacional. Os seus perseguidores, os veciños do S.D. Samertolameu andan a cinco puntos e na procura dunha vitoria.
O Este sábado a partir das 18:00 horas comeza a 'V Bandeira Concello de Poio', fronte ao peirao de Campelo. Trátase dunha proba xa clásica da Liga Galega, que premia con bandeira e 925 euros á tripulación vencedora, e vai baixando, dos 755 dos segundo clasificado aos 305 euros do último, así que todos han levar tallada.
A partir de agora comezan as fins de semana dos grandes premios
A partir do domingo comezan os grandes premios, as probas de gran tradición en Galiza, como a XXVI Gran Premio 'Bandeira Corte Inglés', a desenvolver no porto de Vigo no mediodía do domingo. Alí estarán as trece tripulacións que forman a Liga Galega de Traíñas ou Liga do Noroeste, loitando polos 12:000 € que se reparten en premios.
Os de Tirán, imbatíveis
Os remeiros da S.D. Tirán gañaron as seis regatas que houbo até o de agora en augas galegas, cousa que van tentar mudar os de Meira, Perillo, Náutico e Chapela, que comparten cos de Moaña a última quenda da regata do sábado. Na segunda quenda van os de Amegrove, Esteirana, Coruxo, Puebla e A Cabana, e abren a proba los de Credimotor Ares, Castropol e As Xubias.