Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
traíñas

Os do Tirán seguen imparábeis, tras vencer en Meira

É a sexta vitoria en seis probas seguidas disputadas polos remeiros de Moaña. Esta fin de semana coñecían o "terreo de xogo" e afianzaron o seu liderato.

Redacción - 10:25 16/07/2007

Seis regatas disputadas na Liga Galega de Traíñas e seis vitorias da S.D. Tirán. A tripulación moañesa está a impor o seu ritmo neste comezo de tempada, poñéndolle as cousas un chisco difíciles ao resto dos clubes competidores.

Na fin de semana competíase na ‘'II Bandeira Concello d'A Pobra do Caramiñal', o sábado, e na 'XXV Bandeira Concello de Moaña', o domingo.

Os moañeses gañaron nas dúas, e mantiveron o seu primeiro posto na clasificación galega.A vindeira proba será a 'VII Bandeira do Concello de Poio', a celebrar o vindeiro sábado 21 en augas pontevedresas.

A clasificación até o de agora, vai como segue:
1- S.D. Tirán, 65 puntos.
2- S.D. Samertolameu, 59 puntos.
3- R.C. Náutico de Vigo, 54 puntos.
4- C.Regatas Perillo, 53 puntos.
5- C.R. Chapela, 47 puntos.
6- A.D. Esteirana, 41 puntos.
7- Amegrove C.R., 36 puntos.
8- C.R. Coruxo, 34 puntos.
9- C.R. Puebla, 24 puntos.
10- C.R. A Cabana, 23 puntos.
11- Credimotor C.R. Ares, 22 puntos.
12- C.Mar de Castropol, 7 puntos.
13- S.D. As Xubias, 7 puntos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: