A empresa de Amancio Ortega medrou un 33% con respecto ao ano anterior e abriu máis dun cento de tendas novas.
Inditex abriu a primeira tenda de Pull and Bear en Bélxica na cidade de Antuerpen / Foto: Inditex
A empresa téxtil Inditex superou todas as previsións e obtivo nos tres primeiros meses do ano un beneficio neto de 200 millóns de euros, un 33% máis ca no mesmo período do ano pasado. A marxe bruta chegou até os 1.150 millóns de euros, un 20% máis, situándose no 56,4% das vendas. Tamén melloraron os resultados operativos e de explotación, nun 27 e un 31%.
Parte dos beneficios estanse dedicando á apertura de novas tendas. A empresa que preside Amancio Ortega abriu 114 novos locais das súas oito cadeas, e prevé que a final de ano se poñan en funcionamento entre 440 e 520 estabelecementos, cun investimento de entre 850 e 950 millóns de euros.