O rei Midas do téxtil segue a ser un galego. O grupo Inditex, comandado por Amancio Ortega, obtivo un beneficio neto de 634 millóns de euros os nove primeiros meses deste ano, case un 22% máis que no mesmos meses de 2005. Se xogamos a extrapolar a cifra, podemos concluir que cada hora do día o grupo empresarial consegue case 100.000 euros netos de beneficios. A facturación do grupo neste mesmo período acadou os 5.666 millóns de euros. A empresa atribúe esta notábel mellora ao "incremento da superficie de venda". No que vai de ano Inditex xa leva abertas 326 novas tendas en todo o mundo. O anuncio fixo subir a cotización bursátil da compañía.