Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Eles', de Xosé Luís Méndez Ferrín

A terceira entrega de 'Contos do tren' xa circula polas vías

A campaña de promoción da lectura da Consellería de Cultura reparte entre os usuarios dos ferrocarrís 40.000 exemplares durante catro semanas.

Redacción - 17:10 18/05/2007

Dende o 23 de abril, Día do Libro, xa se repartiron case 30.000 contos relacionados co mundo do tren asinados por Eduardo Blanco Amor, Luísa Villalta, Méndez Ferrín e mais Xosé Carlos Caneiro. O programa Estación literatura: Contos do tren pretende achegarlles a lectura aos usuarios dos trens do país.

Cada semana entréganse 10.000 exemplares da cada un dos catro libros da colección. O primeiro foi O encalatro, de Blanco Amor, conto incluído n'Os Biosbardos. Seguíronlle Pásmanse os espectadores, cando pasa o tren, de Luís Villalta, e, agora, Eles, de Xosé Luís Méndez Ferrín. A colección completarase coa obra Trinta e sete días sen verte, Laura, de Xosé Carlos Caneiro.

Na campaña colaboran coa Consellería de Cultura as editoriais Vía Láctea e Xerais, que cederon os dereitos das obras para a súa distribución gratuíta. Con esta iniciativa, preténdese achegar a cultura a novos ámbitos, como xa acontecera cos programas Pan con poesía, Palabra na solaina e Lendo espero.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: