Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Os usuarios recibirán ‘O encalatro’, de Eduardo Blanco Amor

O Día do Libro deixará este luns milleiros de exemplares nos trens galegos

Renfe, en colaboración coa Xunta, repartirá 11.000 libros nas súas liñas para celebrar a data.

Redacción - 15:41 22/04/2007
Foto: YnR

Foto: YnR

Dez mil exemplares do relato ‘O Encalatro’ de Eduardo Blanco Amor serán entregados este luns os usuarios dos trens galegos para celebrar o Día Mundial do Libro. Esta iniciativa, posta en marcha por Renfe e pola Consellería de Cultura, tamén ten previsto ademais repartir mil copias dunha edición especial coas obras gañadores e os finalistas na categoría de contos e poesía da última edición dos ‘Premios do Tren’.

A obra de Eduardo Blanco Amor é parte da colección titulada 'Estación literatura-contos do tren' que puxo en marcha a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Nesta liña, a Xunta ten previsto que nos próximos meses se vaian editando distintos relatos de autores galegos, que terán como elemento común o mundo do ferrocarril.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: