Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Som do Galpom

Na cama (22)

Na cama (22) Som do Galpom presentan Na cama, "a canción dun rapaz que non se queria erguer, non se queria levantar, non queria facer nada! A sua nai obrígao a ir traballar, porque hai que traballar e facer lle obriga a ir a traballar, porque hai que traballar e facer aljo nesta vida. E lo! Pois este rapaz somos nós tamén, que pensando no futuro e no presente nos debatemos entre o que debemos e o que queremos facer. Entre as obrigas e o pracer. Aprecio o pracer de desprecia-los cartos, si! Pero ó final o rapaz ten que ir traballar. Sinónimo dunha sociedade que marcha cara onde o mandan sen motivación, expresado nunha canción triste no fondo pero con moito humor nas formas. Esperamos que a disfrutedes!" Som do Galpom son Gael de Esteban Bassave (voz), Brais de Esteban Bassave (violín e coros), Xurxo García Climent (guitarra clásica e eléctrica), Alejandro Castro Garea (baixo e coros) e Aitor García García (batería).

Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?! Pasa-la vida enteira tirado no sofá, perde-la noción da alarma que sonou deixar que o tempo pase deitado no colchón, da tua habitación sen madrugar prefires pensar que o tempo se detén mentres estés durmido irá todo mui ben sen ter que temer un curro que non gusta, chegar a fin de mes... Escravo do traballo teranche controlado... Pecado ter preguiza non queres traballar o teu profundo sono como modo de vida sen escoitar a bronca do teu xefe os berros dos pais, tanta pergunta atonta ás sete da maña e ti sen ganas só pides paz !. E ti sen ganas só pides paz !.
Nada que gañar todo por perder a man de obra sobra nas listas do INEM, podiamos pagar por ir pasalo ben ou non: e ti que cres ?!. E ti que cres ?!.
Sen ataduras, sen amarguras, sen aturar o malestar que dia a dia provoca no teu corpo o ter que erguerse xa !. Provoca no teu corpo o ter que erguerse xa!.
Co ben que estás na cama, da cruda realidade escapa, ca porta do cuarto pechada, mellor estar durmindo descansa que ser un morto en vida lacazán !.Na cama ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz....E soñas noutros mundos e a noite xa pasou estás quentiño na cama e xa saiu o sol. Non é doado erguerse cando algo non che fai, ausente o aliciente persigues un fin, ficar fumado lendo os contos de Tintín. Perguntan por min ti dilles que non vou mamá estou magoado non poderei currar máis, aprécio o pracer de despreciar os cartos roncando a perna solta, soltando babas nas sabas serán as tres que ben safando das tarefas que queren impoñerte; tes medo a sair cedo da tua casa, para que che pregunten: estudas ou traballas !. Para que che pregunten: estudas ou traballas !.
Que cona fas rapaz, non queres facer nada admiras unha vida que sexa regalada sen as obrigas da monotonia laboral, manten-te firme como os zombies de Thriller bailando Michael Jackson ; os anos pasan a presa cas presas do traballo !. Os anos pasan a presa cas presas do traballo !.Na cama ; fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama ; fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz....


0 votos

39 Comentario(s)

Cleoninha - 14/06/2008 05:03

Cleoninha  Moi chula! Síntome identificada co rapaz xD

GiorgioClapton - 15/06/2008 02:43

GiorgioClapton  Boa letra e ritmos bailongos!

paolo - 15/06/2008 05:10

paolo  un pouco larga pero non está mal

flojitodepantalon - 16/06/2008 08:16

flojitodepantalon  Que temazo! Sen dúbida o tema do verán...

Os_John_Deeres - 16/06/2008 09:05

Os_John_Deeres  Como vai pola Moniña? Gran concerto fai unhas semanas en Orazo, lástima que non houbese máis xente... saúdos cracks!

barbaragrandio - 16/06/2008 11:49

barbaragrandio  niñoS!!!!! a x el numero 1! YeaH besiñoS B.

barbaragrandio - 16/06/2008 11:50

barbaragrandio  na camaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!! joe q teneis q ganar coño ya! jejeje

animalinho - 17/06/2008 05:36

animalinho  esa xente , na camaaa na caammaaaaa non quero fecer nada!

djangobrothers - 17/06/2008 11:31

djangobrothers  aqui teneis nuestro apoyo!

GiorgioClapton - 18/06/2008 07:53

GiorgioClapton  Sodes inda millores do que comenta a peña, arriba o Galpom!

GiorgioClapton - 18/06/2008 07:53

GiorgioClapton  Sodes inda millores do que comenta a peña, arriba o Galpom!

pendon - 19/06/2008 02:15

pendon  esa peña! vemonbos en algun dos concertos que tede spor ahi!

Balteira - 19/06/2008 07:15

Balteira  Sodes os melhores. Esperamos ver-vos de novo na Corunha no Burgo. Antes de pequeno....

Franl - 20/06/2008 10:46

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e supermineralizarse... lonxe da lonxa...

ruchinho - 20/06/2008 01:18

ruchinho  esa penhita vemonos en corunha

veredinia - 20/06/2008 10:21

veredinia  Con ese Som, de Verán, do Galpom...que máis ten, tedes nome de gañadores, unha aperta e un bico enorme para todo o Galpom, e un moi especial para o guitarrista..jeje

okechetrabaoscollons - 22/06/2008 07:38

okechetrabaoscollons  creo que Som do Galpom, dentro duns aninhos será un dos grupos máis grandes dentro da Galiza, detrás de Lamatumbá e Ruxe-Ruxe respectivamente.. son a hostia. adiante rapaces e a seguir!

diosfumabapetas - 23/06/2008 01:55

diosfumabapetas  ñio

FJSKAFJ - 23/06/2008 07:31

FJSKAFJ  COMO PODEDES SER TAN BOS? NO, EN SERIO...

ele - 24/06/2008 11:09

ele  Noraboa,encántame a canción, espero que teñades sorte e cheguedes ata onde merecedes. Unha aperta

kaskada - 26/06/2008 12:22

kaskada  Sr. collóns: non é preciso que emita máis opinións, en sério: reláxe-se que os seus mioos non están afeitos a tanto esforzo. o tema dos galponeiros está ben, si señor.

okechetrabaoscollons - 26/06/2008 06:26

okechetrabaoscollons  o mesmo lle digo a vostede, señor kaskada.

gallego - 26/06/2008 06:35

gallego  vos mirei no festival millo verde mira que sondes abuuridos nin a xente vos pediu outra,tendes que aceptalo por que eu estaba ali,e a xente queria que acabarades dunha vez,non sei quen carallo vos diria para vir a redondela,sempre nestes concertos teñen que traen grupos para aburrir a peña se non non vos mira nin dios, e ainda poriba vos poñen temas na radio galega,xa estou pensando en deixar de escoitala

estorni - 27/06/2008 09:59

estorni  Gallego : Ti de quen ves sendo ?. De Gallego y Rey. Es moi agudo...todo cansa na vida se o escoitas mil veces. Saudinha

GiorgioClapton - 27/06/2008 02:40

GiorgioClapton  gallego, inda que critiques segue falando de nos porfavor. O caso é que se fale de nos. O que non entendo é que cando non me gusta un grupo o respeto, pero ti pareces ceibarte con nos. Asi que che mando a tomar polo cu enano mental.

animalinho - 29/06/2008 11:05

animalinho  epa! ao galego e tal, nada, que os trolls dan mitas visitas no myspace. non deixedes de visiar www.myspace.com/somdogalpom

GiorgioClapton - 30/06/2008 01:19

GiorgioClapton  escoitei unha especie de lenda urbana, do cal pode ser ou non certo pero si que se escoita por ahi, que este grupo rechaza aprender teoria musical por norma e que nunca xamais meten acordes menores nos seus temas (?!). Descoñezo por que pero me intriga....

pendon - 30/06/2008 01:38

pendon  ti estas mal, tio

inesuka - 02/07/2008 06:12

inesuka  Ola profe jajaja. Son ines, a do eusebio. Gustoume moito a canción, creo que expresa moi ben o que moitos rapaces senten. Tamén escoitei outros temas vosos, está moi ben o voso grupo. Veña, un abrazo, pasa un bo verán!

trifulkeiro - 05/07/2008 05:31

trifulkeiro  eses Som do Galpom! moita sorte no concurso, soa moi ben este tema ;)

moki - 07/07/2008 10:17

moki  as lendas urbanas so som iso, lendas. o ke sí é penoso é ke o guitarrista do grupo non teña claro os akordes k meten nos seus temas,é en canto á teoría musical ,no teu caso nótase ben giorgio.

juantirton - 07/07/2008 08:59

juantirton  xa cho creo, menuda historia, esa penha! a seguir asi!

cartinho - 18/07/2008 02:47

cartinho  festaaaa!

mpardalc - 20/07/2008 04:20

mpardalc  ola rapaces!!!!aki tedes o meu voto!!moi boas as letras das vosas cancions..bkos

vilches - 22/07/2008 02:01

vilches  Ese Gael!! sonades de puta nai e o teu flow e unha pasada

companheiro - 25/07/2008 04:32

companheiro  Voçés são porreiros. Eu vou durmir um bocadinho

KBS - 30/07/2008 08:02

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 03:09

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

notranceS - 12/08/2008 05:45

notranceS  Xa dixen que molaba no seu momento e digo outra vez,un saudo da ETC de santiago...ai vai o noso voto!