Vieiros

Vieiros de meu Perfil


18:50 05/04/2009 REMATOU

De hoxe nun ano!

0 comentarios

Cos participantes recollendo os seus tarecos e carrexándoos nos seus carriños, Xuventude Galiza Net 2009 di adeus. Agora será o momento de facer balance. Polo de pronto, 1.800 persoas estiveron na Intranet durante tres días.

18:45 05/04/2009 RESUMO

...E así foi XGN09

0 comentarios

E este si que é o resumo completo do que aconteceu neste décimo aniversario da ciberromaría. Non está todo o que foi, pero foi todo o que está.


18:10 05/04/2009 ISTO XA REMATA

Algúns momentos memorábeis

0 comentarios

Xuventude Galiza Net 2009 está a piques de rematar. Nestes últimos momentos, mentres se entregan os premios dos diferentes concursos, lembramos algúns dos mellores momentos destas tres xornadas.


17:57 05/04/2009 CONCURSO

Arrebolamentos de campionato

0 comentarios

Como xa é costume, este ano tamén houbo o campionato de lanzamento de DVD. Por que sempre fará vento nese intre?


17:37 05/04/2009 BALANCE

Im-presionante

0 comentarios

Algunhas das persoas participantes nesta décima edición de Xuventude Galiza Net contáronnos que lles pareceu.


16:46 05/04/2009 PRIMEIRA HORA

Durmidos II: non todo é o que parece, amigo

0 comentarios

Comprobamos, en vídeo, como foron os espertares deste domingo, derradeiro día de XGN09. Pero non todo é o que parece.


15:34 05/04/2009 CHROMA KEY

Tempo seco e soleado

0 comentarios

Aínda que o tempo acompañou durante esta fin de semana, parece que despois do remate da Xuventude Galiza Net non vai seguir así. En todo caso, na Extranet pódese practicar e converterse en Martín Barreiro, por exemplo, para ofrecer a previsión meteorolóxica no plató de Chroma Key. As imaxes son de primeira hora da mañá, cando había sitio libre. Agora, haberá que facer cola.

13:40 05/04/2009 GAIÁS

Vistas panorámicas

0 comentarios

A especial situación xeográfica do Multiusos do Sar permítenos ver, moi de preto, esa estrutura da que tantas veces se fala: a Cidade da Cultura, no Monte Gaiás. Iso se saímos ao exterior, claro.

13:17 05/04/2009 PENUMBRA

Que hora é?

0 comentarios

O ambiente de semiescuridade do Xuventude Galiza Net fai que en moitas ocasións se perda a noción do tempo. Fóra loce o sol, pero aquí todo o mundo segue concentrado diante das súas pantallas, practicamente os únicos focos de luz da enorme sala.

12:11 05/04/2009 GRAFFITI

Proba superada

0 comentarios

Así quedou o graffiti realizado o sábado no exterior do recinto do XGN. Unha mostra máis de que xa se están completando e cumprindo os obxectivos. Pero aínda queda un gran día por diante.

11:12 05/04/2009 COMPETICIÓN ROBÓTICA

A outra carreira, amodiño

0 comentarios

Como alternativa á Fórmula 1 das pantallas xigantes, na zona do fondo do pavillón temos unha competición de robots feitos na casa. Teñen que atopar a saída a este complicado labirinto. Evidentemente, non están guiados cun mando a distancia. E tampouco corren a velocidades de vertixe.

10:55 05/04/2009 PALCO

Zona reservada

0 comentarios

O escenario do Multiusos Fontes do Sar está reservado á organización. Até alí só poderán subir, esta tarde, as persoas que reciban algún dos moitos premios que se entregan como remate desta romaría dixital. Será a iso das sete.

09:51 05/04/2009 DERRADEIRO DÍA

Arranque en frío

0 comentarios

Comeza o derradeiro día de Xuventude Galiza Net. Se onte a esta hora xa case todo o mundo estaba en pé, non tanta xente puido aguantar a presión do sábado á noite. Agora, a aproveitar intensamente as últimas horas desta festa.

01:00 05/04/2009 Galinux

O software para outro mundo posíbel

0 comentarios

Exemplo perfecto do espírito e o sentidiño que flúe a xeito polas corredoiras de XuventudeGaliza.Net é o que aquí atopamos. Software libre, programación libre e aberta, xurdida da vontade de construír e compartir entre todos. Hai algún sistema operativo perfeco? Se cadra "perfecto" é utópico, pero cando de software libre falamos, dúas ideas a non esquecer: os erros ou o que non nos guste poden ser axilmente corrixidos. Comunitaria e colaborativamente. Velaí valores a non esquecermos.

00:45 05/04/2009 Aprendendo sobre ciber-seguridade

Hackers e crackers, no lado bo e na beira escura da forza...

0 comentarios

Aprender como os amigos de remexer en computador alleo andan metendo a cibergadoupa en máquina onde ninguén lles mandou é un xeito de concienciarnos para actuar con máis responsabilidade por estes mares da rede. Seguridade explicada de xeito lúdico. Aquí unha achega.

23:40 04/04/2009 Computadores personalizados

Aqueladores, un clásico

0 comentarios

Van agora uns anos da descuberta desta actividade que, seica no mundo tecnolóxico lle din "case mod". A nós, para a tarefa de tuneado das máquinas, acaíanos mellor a definición de "aquelar". Xa lles contamos da bricolaxe urxente. Velaquí unha mostra do que pode argallarse cun moito máis de paciencia.

23:35 04/04/2009 Novidades XGN09

Universo tecnolóxico vs Universo real

0 comentarios

Velaquí unha exitosa recomendación. Se lles presta, levanten un chisco os olliños do computador. A organización pon a disposición de visitantes e participantes un conxunto de telescopios e asesoría ao xeito sobre o asunto da astronomía.

23:30 04/04/2009 Sachamos e navegamos

Do arado á fibra óptica, nun chimpo

0 comentarios

Pois aí teñen unha estampa tomada xa ao caer a tardiña este mesmo sábado. Saímos a que nos dera o aire un momentiño e a ver o mundo fóra do paraíso tecnolóxico da banda larga. E aquí teñen a leira coa que comparte marco a sede da ciberfesta.

23:05 04/04/2009 Cerello globeiro

A insondábel vertixe da tecnoloxía

0 comentarios

Ou tal que así é un dos nomes propostos para esta artística creación que lles achegamos, inspirada en sabe deus que teoría do caos.

23:00 04/04/2009 XGN09

Bodegón

0 comentarios

Dicía o filósofo aquel que do caos xorde a orde? Con tanto fervedoiro tecnolóxico as temperaturas espremen os corpos e os ciber-romeiros teñen que mollar a gorxa. Que corra a auga, ou o que lle cadre.

22:55 04/04/2009 Aquelando equipos

Traspaso de ferranchos tecnotrónicos

0 comentarios

Aí teñen a Juan, quen improvisou unha decoración pouco habitual para o seu computador, inspirado en tempos de macrocrises mundiais.

22:50 04/04/2009 Bricolaxe XGN

Zepelin aquelado

0 comentarios

Aquí teñen unha obra de Alberto. Seica cando era cativo xa facía mecanos. Agora dálle por ser máis exquisito. Aquí unha filigrana mecánica.

22:45 04/04/2009 E máis fauna vacuna

Ponlle un doce á crise

0 comentarios

Velaí, de medio en medio euro, poden facerse cunha lambetada en beneficio dunha boa fin.

18:41 04/04/2009 PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ

Durmidos

0 comentarios

Vexan como se dorme no Xuventude Galiza Net (e como se esperta a xente que está durmida). Estilo The Blair Witch Project.


18:02 04/04/2009 APAGÓN

A conta atrás final

0 comentarios

O momento de apoteose interneteira é, sen dúbida, a conta atrás de "acendido" oficial de Xuventude Galiza Net, a medianoite do venres ao sábado. Así se viviu este ano.


17:52 04/04/2009 CREATIVIDADE

Arte na rúa

0 comentarios

Como xa é tradición no XGN, a entrada do recinto -desta volta o Multiusos Fontes do Sar- acaba decorada por artistas grafiteiros con moito xeito.

16:13 04/04/2009 ENTREVISTA

Conversa con Rubén Cela

0 comentarios

Falamos con Rubén Cela, director xeral de Xuventude e Solidariedade, departamento do Goberno que organiza a XGN09, sobre os detalles da edición deste ano, a décima.


16:00 04/04/2009 PARA OS CATIVOS

Computador felino

0 comentarios

Neste encontro informático podemos ver dous tipos de 'modding' ou 'tuning' de computadores: os neóns e tubos estraños da Intranet, ou esta CPU personalizada para os máis pequenos que se achegan á Extranet a aprender as cousas da informática.

15:40 04/04/2009 TREBELLOS ROBÓTICOS

Aquí tamén se traballa

0 comentarios

Ademais do evidente apartado lúdico, tamén se pode ver nesta Xuventude Galiza Net xente traballando duramente, como este rapaz, que está a darlle os últimos retoques ao seu robot para participar nas competicións que se desenvolverán paralelamente ás carreiras de Fórmula 1. Si, outra vez a Fórmula 1.

14:30 04/04/2009 VOLVEMOS Á EXTRANET

Zona de xogo para todos

0 comentarios

A Extranet do XGN09 está ateigada de consolas para que quen queira pase un bo anaco practicando cos seus videoxogos favoritos. Non só van xogar os 1.800 que están na Intranet, no soto do Multiusos.

14:04 04/04/2009 MÁIS OBRADOIROS

Materia prima para robots

0 comentarios

Con estas pezas tan sinxelas pódense construír robots moi hábiles e sofisticados. Para acadalo é preciso asistir ao obradoiro de robótica con ferramentas Open Source. Teñen todo o día para armalos e, despois, competir para ver cal é o enxeño mecánico máis eficaz.

12:53 04/04/2009 PERDIDOS

Orientación

1 comentarios

Os tortuosos corredores do Multiusos do Sar poden provocar que algunhas persoas se perdan. É necesario, pois, consultar os mapas. Aínda que moitas veces non sirva para moito... Os GPs tampouco axudan.

11:59 04/04/2009 TELEVISIÓN

Fórmula 1 (de verdade)

0 comentarios

Unha parte dos participantes nesta romaría dixital seguen atentamente as evolucións automobilísticas nas pantallas xigantes do XGN09, mentres algunha xente aproveita para botar unha soneca. E iso que os motores de Alonso e compañía brúan a todo volume! Os comentarios do "calvo" tampouco axudan a conciliar o sono. Ou si?

10:44 04/04/2009 SEGUNDO DÍA

Despois dunha dura noite

0 comentarios

A segunda xornada do XGN arranca paseniñamente. Aínda que a meirande parte da xente que quedou durmindo como unha pedra despois dun intenso primeiro día espertou violentamente a golpe de música tecno, aínda quedan a estas horas algúns irredutíbeis durmiñentos que seguen aguantando nos seus sacos de durmir, en calquera curruncho.

02:30 04/04/2009 Lingua e TIC

En galego, por que non!

0 comentarios

Unha vez máis, a cita da XGN09 quere servir para achegar lingua e tecnoloxías. Para vencellar idioma e modernidade e subliñar que o galego é lingua de futuro. En galego, por que non?

02:25 04/04/2009 Lingua e contidos

Os arquivos da meiga

0 comentarios

Nunha parede do Multiusos damos con este avisto que ven vostedes na imaxe. Cóntanos do espazo web Os arquivos da meiga. Caldeirada de arquivos para todos os gustos. E o lema: Aposta polo galego!

02:15 04/04/2009 Entrando na madrugada

Un tecno-café, se fai o favor

0 comentarios

As insondábeis capacidades da conexión USB, unidas as cabeciñas sempre a discorrer cachifallos máis sorprendentes, ofrécennos achados como o que ven.

02:10 04/04/2009 Fauna XGN09

Preparando os catres

0 comentarios

No medio do gando solto, velaí aparecen xa as mantas. Máis de momento, pouco sono se ve nas caras dos que cruzan a barreira das primeiras 15 horas conectados.

02:00 04/04/2009 Falando de clásicos

Counter Strike ou unha de xadrez?

0 comentarios

De paseo polo Multiusos sorprendémonos cun cibernauta pouco ortodoxo. Na selva que o rodea asáltanse castelos, líbranse batallas no deserto ou nalgunha galaxia e outras cousas de acción. E aló o teñen a este ciber-romeiro, illa en océano de banda larga, botándolle unha partida de xadrez.

01:35 04/04/2009 De parola con ciber-romeiros

E ti a que vés?

0 comentarios

Remexemos outra vez polos corredores á procura das impresións dos participantes na XGN09. Xogar, programar, parolar... en xeral: enredar. Isto é ao que aspiran algúns dos consultados.

01:30 04/04/2009 Imos de obradoiro

Cine-artesáns armados de paciencia

0 comentarios

Tomás Conde, experto en animación, explícanos que é iso do Stop-motion. Fotograma a fotograma, os participantes no obradoiro han armar as súas pequenas pezas visuais.

01:25 04/04/2009 Microsoft visita a XGN09

Un home de Gates en territorio comanche

0 comentarios

Na volta dunha esquina topamos con Luís Martín, responsábel de Microsoft. Veu contar "Que hai de novo en Windows", desafiante título de conferencia en terra comanche coma esta: A XGN09 destaca pola súa aposta firme a prol da divulgación do software libre. Desta volta, aproveitamos para cruzar a liña ao lado escuro da forza e interesarnos por iso do Windows 7...

01:20 04/04/2009 Fauna XGN09

Atención, animais soltos

0 comentarios

Seica a vaca é un dos animais de moda en XGN09. Velaí teñen a esta, que atopamos ceiba nun corredor, empoleirada nun computador e apuntando a cornamenta cara á cámara.

00:55 04/04/2009 Apertura formal da XGN09

Dez! Nove! Oito! Sete!.... Aló imos!

0 comentarios

Xa é oficial. Estamos de ciberfesta. O tradicional acendido contra a medianoite do venres axitou as bancadas dos seareiros da informática. Berros de emoción e xolda no Multiusos cando as pantallas proxectaron a conta atrás.

22:20 03/04/2009 Montando un computador

Bricolaxe de última hora

0 comentarios

Que non teñen computador a man? Non hai problema. Apáñanse as pezas e búscanse os expertos. Velaquí temos a dous. Miguel e Jose, de Plexus. Un disco duro por aquí, tarxeta gráfica por aló. En tempo récord, máquina á carta.

21:00 03/04/2009 Cara á primeira noite de banda larga

De 9 a 21h: unha ducia de horas de ciberfesta

0 comentarios

Xa roda a pleno pulmón cibernético a principal romaría do país. Cruzando a media tarde, os últimos en chegar buscaron asento entre o mar de computadores. Máis de 1.800 ciber-romeiros. Estamos todos? Que comece a festa!

19:40 03/04/2009 AGASALLOS

Brindando

0 comentarios

Todas as persoas que participan nesta edición do Xuventude Galiza Net son agasalladas con diversos utensilios para afrontar estes tres días de fervente actividade. Un exemplo é esta cunca-termo, para conservar o café -ou a beberaxe que sexa- na súa temperatura xusta. Brindas?

18:34 03/04/2009 NA EXTRANET

A guerra das galaxias Lego

0 comentarios

Non pode haber Xuventude Galiza Net sen representación da Guerra das Galaxias -ou Star Wars-. Este ano, ademais dos xa habituais disfraces das persoas participantes, temos unha particular personificación dos personaxes de George Lucas... en forma de figuras Lego. O grupo de usuarios lego HispaLUG amósanos na Extranet, aberta ao público, as súas creacións. Seguiremos informando.

18:15 03/04/2009 MOITA XENTE

Marca de participación

0 comentarios

Aínda que a ras do chan non o poida parecer, se ascendemos á parte superior das bancadas do Multiusos, comprobaremos que nunca participara tanta xente no XGN. Nin máis nin menos que 1.800 persoas, cunha media de idade máis elevada ca en anteriores ocasións, pois agora poden participar persoas de entre 16 e 35 anos.

17:51 03/04/2009 AFECCIÓNS

Máis Fórmula 1

0 comentarios

Aínda que no intre de tirar esta foto o propietario ou propietaria deste equipo non estaba presente, é unha mostra máis da febre que existe neste encontro informático arredor do motor e da gasolina. Para sentirse como ao volante dun bólido mentres se navega pola rede.

17:00 03/04/2009 Comeza XuventudeGaliza.Net

Dose extra de banda larga na maior ciberfesta do país

0 comentarios

Desde a tarde deste venres, ampla cobertura e emisión en directo desde Vieiros.

16:40 03/04/2009 A TODO GAS

Botándolle unhas carreiras

0 comentarios

Entre os asistentes a Xuventude Galiza Net hai moitos afeccionados ao automobilismo. Non só o practicarán en diversos 'scalextrics' instalados na zona da Extranet, senón tamén a través de videoxogos e visionando na pantalla xigante as carreiras da Fórmula 1 desta fin de semana.

16:04 03/04/2009 GALINUX

Bebés pingüíns xigantes e software libre

0 comentarios

Unha enorme mascota de Galinux recíbenos na Extranet de Xuventude Galiza Net, o espazo aberto ao público en xeral. A distribución de GNU/Linux en galego podémola atopar, de balde, no posto de Mancomún. É software libre.

14:00 03/04/2009 PRIMEIRAS HORAS

Estamos de estrea

0 comentarios

Volven os carriños. A frenética actividade da entrada ao Xuventude Galiza Net 2009 volve protagonizar as primeiras horas desta festa informática que estrea un local máis amplo. Perderase alguén polo camiño? O aumento de prazas tamén fixo que haxa moita xente "virxe" na XGN.


12:41 03/04/2009 SEN LUCES

Fíxose a escuridade

0 comentarios

Coa apertura oficial do XGN09, apagáronse as luces. Só as pantallas dos computadores iluminan a enorme sala do Multiusos... até o acendido... á medianoite.

12:30 03/04/2009 NUNHA SALA BEN GRANDE

Discurso de benvida

0 comentarios

Despois de dez anos, hai costumes que xa se converteron en tradicións. Como a conferencia de presentación e configuración, e o berro unánime, dos máis veteranos: "Tongo!". E os concursos aínda non comezaron...

11:11 03/04/2009 APERTURA DE PORTAS

3, 2, 1... Arranca Xuventude Galiza Net!

0 comentarios

Dende as nove da mañá, momento en que se abriron as portas do Multiusos do Sar, van chegando escalonadamente as 1.800 persoas que participarán na décima edición de Xuventude Galiza Net, o encontro informático máis importante do país. Despois dalgúns problemas de rede ao comezo, a xente vaise preparando para xogar, compartir arquivos e descubrir algunhas cousas máis deste mundo informático. Arrancan, así, tres xornadas moi intensas e sen descanso.

11:30 01/04/2009 ENCONTRO NO MULTIUSOS DO SAR

Máis de 1.800 persoas estarán no décimo XGN

0 comentarios

EdiciĆ³n do ano pasado
Nova sede e actividades como unha competición de robots, entre as diferenzas con respecto ás anteriores edicións dunha xuntanza que fai unha década.

11:45 01/04/2008 Cara a 2009

Así foi Xuventude Galiza Net 2008

0 comentarios

Importante esforzo en favor do software libre, aposta pola integración de persoas con discapacidade, en colaboración coa Confederación Galega de Minusválidos, participación da terceira idade... Metas conseguidas en 2008, mentres Rubén Cela, director xeral de Xuventude, da Vicepresidencia da Xunta, explicaba o que nos deparaba o 2009.

12:09 01/04/2009 HAI DOUS ANOS

Balance da XGN07

0 comentarios

Corenta mil participantes na área de acceso libre, alén dos 1.500 inscritos no recinto oficial. Espazo para a promoción da lingua, para o impulso do software libre, punto de encontro entre as empresas TIC galegas e o currículo de mozas e mozos ás portas do mercado laboral, lugar de unión entre as novas tecnoloxías e o patrimonio cultural. Son algúns dos valores que destacaron o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, e o subdirector xeral de Actividades e Servizos de Xuventude, Eduardo Mato, sobre o evento que se desenvolveu en Compostela en marzo de 2007.


12:15 01/04/2009 HAI TRES ANOS

Tres días de XGN06

0 comentarios

"O formato era válido, pero había que darlle unha volta e repensar os contidos e os obxetivos do encontro. Por iso, introducimos tres variábeis básicas: o uso do galego no marco das novas tecnoloxías por parte da mocidade, a accesibilidade dos mozos con discapacidades e o impulso do software libre". O director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, contábanos da satisfacción polo éxito desta edición da maior festa galega de internet. Organización e participantes coincidiron en gabar a ciber-romería e fan balanzo positivo destes tres días de banda larga. Era 2006.


Videos Vieiros XGN

Así foi XGN09
Así foi XGN09
(0 comentarios)

Mellores momentos
Mellores momentos
(0 comentarios)

Lanzamento de DVD
Lanzamento de DVD
(0 comentarios)

Impresións
Impresións
(0 comentarios)

Durmidos II
Durmidos II
(0 comentarios)

Aqueladores
Aqueladores
(0 comentarios)

Galinux
Galinux
(0 comentarios)

Hackers
Hackers
(0 comentarios)

Durmidos
Durmidos
(0 comentarios)

Entrevista a Rubén Cela
Entrevista a Rubén Cela
(0 comentarios)

A conta atrás
A conta atrás
(0 comentarios)

A que vés?
A que vés?
(0 comentarios)



Primeiro vídeo XGN2009
Primeiro vídeo XGN2009
(0 comentarios)


PuntoGal
PuntoGal
(0 comentarios)





Xuventude Galiza Net 2009