Nº24 Abril 2008
Contacto
A emigración galega a América é un dos fenómenos de meirande transcendencia na nosa historia recente. Unha parte substancial do noso presente está marcada por este feito, que ten influído decisivamente en aspectos tan relevantes como a economía, a demografía, a política ou a cultura na transformación dun país que, aínda nos albores do século XX, arrastraba as rémoras do Antigo Réxime. No plano máis inmediato, as remesas monetarias enviadas polos milleiros de galegos e galegas que durante máis de dous séculos embarcaron rumbo a América, serviron para atenuar as necesidades máis urxentes do contorno rural. Ditas remesas foron canalizadas, na súa meirande parte, a través de sociedades de emigrantes. E dese xeito, grazas aos pesos gañados de sol a sol na chacra arxentina, na zafra cubana ou no cafetal paulino; grazas ás xornadas baixo o sol abafante nas obras do ferrocarril, nas estibas do porto habaneiro ou nos escuros boliches porteños durante sete días á semana, poidéronse saldar débedas, redimir foros, afrontar a compra de propiedades e introducir innovacións técnicas e organizativas nas explotacións rurais. Pero tamén, nun plano máis xenérico, a liquidez monetaria chegada de América contribuíu ao despegue da industria metalúrxica, conserveira ou da construción naval.
Así mesmo, os cartos americanos axudaron a crear unha tupida rede bancaria, e revitalizaron o comercio marítimo e as comunicacións co continente americano, ademais de iniciar un interesante proceso de escolarización que incidiu, sobre todo, na mellora das condicións educativas das clases populares rurais e mariñeiras de Galicia desde comezos do século XX ata o inicio da guerra civil, grazas ás chamadas Sociedades de Instrución.
Deste xeito, durante as tres primeiras décadas do século XX, moitos pobos e vilas galegos comezaron a contar con espazos educativos adecuados ―tanto no que se refire á súa concepción arquitectónica como á dotación de medios materiais e humanos― nos que a poboación infantil en idade escolar, e tamén a adulta analfabeta, puido formarse ao abeiro de correntes pedagóxicas progresistas e innovadoras, a unha distancia considerable das vellas e destartaladas escolas rurais e os seus rudimentos instrumentais.
Unha das consecuencias positivas de aquel fluxo migratorio, e das sociedades de emigrantes, foi a creación, durante todo ese tempo, de máis de 300 aulas de ensino. Esas aulas abranguían o ensino primario, secundario e tamén profesional, e estaban diseminadas pola xeografía galega.
malia todo, tamén existiron posicións receptivas a algún grao de galeguización lingüística e curricular do ensino, e foi así como se chegou incluso a realizar algunhas experiencias singulares, en particular no periodo da Segunda RepúblicaArquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega
Comunidade virtual galega no exterior
Enciclopedia da Emigración
Fundación Galicia Emigración
Galicia para el mundo
Galicia espallada
Revista dixital Reevista dixital Migratio
Secretaría Xeral de Emigración
Bibliografía