Presentouse este mércores en Bos Aires o libro 'Los "gallegos" en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa'. Unha crónica de Débora Campos.
Díxoo o historiador Ruy Farías na presentación do volume que compendia as máis de 25 ponencias destas xornadas. O resultado: 450 páxinas cunha ollada polifónica e variada sobre a relevancia dos galegos na historia da capital arxentina.