Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: queima

13/Abril/2010 /

A Xunta adxudica a unha empresa privada os servizos do Centro de Información ao Agro

Segundo denuncia a CIG, esta externalización está a provocar atrasos na identificación animal e nos permisos de queima, ademais de deixar na rúa a 24 traballadores.


4/Febreiro/2009 /

A Fiscalía rebáixalle a multa aos dous independentistas acusados de queimar unha imaxe do rei

O xuíz quedou visto para sentenza. Un dos acusados, Alexandre Bolívar, admitiu ser autor dos feitos e exculpou o seu compañeiro, Santiago Mendes.


2/Febreiro/2009 /

Os acusados de queimar unha foto do rei, a xuízo esta cuarta feira

Grupos de apoio desprazaranse a Madrid para se manifestaren ante a Audiencia Nacional a prol de Santiago Mendes e Alexandre Bolívar.


18/Decembro/2008 /

Piden prisión para dous independentistas acusados de agredir o ex edil de Ferrol Juan Fernández

Os feitos aconteceron en 2004 durante unha mobilización dos traballadores de Izar, que se manifestaban contra a privatización da compañía.


10/Xullo/2008 /

Condenan a pagar 2.700 euros aos dous mozos cataláns acusados de queimar imaxes do rei

Se non abonan a multa, Jaume Roura e Enric Stern veríanse obrigados a pasar quince meses en prisión. Acúsanos de cometer inxurias contra a Coroa.


13/Marzo/2008 /

Anulado o xuízo a dous cataláns que non puideron usar a súa lingua

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional entende que se vulnerou o dereito de defensa de Enric Stern e Jaume Roura.


21/Febreiro/2008 /

Citan sete membros de Causa Galiza por "lesionar" un antidisturbios

Están imputados por supostas agresións a un policía no momento de se concentraren ante a comisaría, en solidariedade cos detidos acusados de queimar imaxes do rei.


22/Xaneiro/2008 /

Multan con 600 euros aos organizadores da manifestación pola autodeterminación de Causa Galiza

A subdelegación do goberno español acusa a tres membros do movemento soberanista galego de "non manter a orde" na manifestación do pasado 6 de decembro en Vigo.


18/Xaneiro/2008 /

A Audiencia Nacional chama a declarar aos imputados na queima dunha imaxe do rei

O xuíz Grande Marlaska interrogará o 29 de xaneiro a tres das catro persoas detidas o pasado 6 de decembro por un presunto delito de "inxurias á Coroa".


27/Novembro/2007 /

Continúa a revolta en París contra a Policía pola morte de dous adolescentes

A veciñanza de Villiers-le-Bel culpa dous axentes de non socorreren os rapaces, que chocaran contra un vehículo policial.


2/Outubro/2007 /

Piden un ano e tres meses de prisión pola queima de imaxes do rei

A fiscalía do estado demanda algo máis de un ano de prisión para Jaume Roura e Enric Stern, os dous mozos acusados de queimar fotografías do rei español. Comeza ao tempo o xuízo ao mozo que izou unha bandeira republicana en Madrid.