Os servizos meteorolóxicos aseguran que "o peor xa pasou" ao tempo que se inicia a busca dos desaparecidos e Portugal acelera o envío de axuda.
O obxectivo é crear unha rede de cooperación para a ordenación dos territorios forestais da Eurorrexión.
En Galiza, 16 empresas adícanse á fabricación deste tipo de envases, unha industria que xera 235 postos de traballo directo e un volume de negocio anual de 23 millóns de euros.
O proxecto de reforma constitucional que procura o partido de Goberno da illa alenta que algunhas voces pidan a anulación do veto ao fascismo.
Era algo que se supuña, mais que non fora comprobado. Agora, a asociación ecoloxista portuguesa Quercus fixo a proba.
Alberto João Jardim cre que é "espantoso" que a Xustiza portuguesa permita que a guerrilla colombiana estea presente todos os anos na festa do PCP.
Vai facer unha proposta de revisión constitucional para que "se clarifiquen as competencias do Estado e as da rexión".
Destacaron no torneo de veteranos de Madeira e foron convidados a xogar en Gales, coa elite deste deporte, para o 2010.
Esquerda Unida leva a denuncia ao Parlamento Europeo en demanda de medidas urxentes contra estas prácticas.
Este luns cumpríronse trinta anos da chegada ao poder dun dos políticos máis controvertidos. "Sinto-me o Astérix", afirma.
Aínda que sen chegar a anciáns, os maiores de 35 anos formarán este equipo, cando se cumpre un cuarto de século do rugbi federado no país.
Alberto João Jardim, o presidente do goberno rexional das illas garantiu que vai apoiar o seu pobo o día que se queira independizar de Portugal.
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, asegurou na tarde do sábado que os ‘boicots’ contra empresas madereiras, que se produciron durante o último mes en Cotobade, constitúen actos de "enorme gravidade". É por iso polo que a Xunta "ten a obriga de dar información e non de ocultala". Aínda así, Canal non valorou se estes actos prodúcense por mor das novas medidas sobre o reparto da madeira impulsadas por Medio Rural.
Máquinas de tres empresas da madeira sufriron graves ataques nas últimas semanas en Cotobade. Os empresarios están a ser ameazados telefonicamente. Segundo puido saber Vieiros, as causas poden estar nos cambios introducidos nas poxas da madeira, que están a crear un profundo malestar en determinados sectores. Na orixe estarían as medidas impulsadas por Medio Rural logo da crise incendiaria do pasado verán.