Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: desenvolvemento

10/Decembro/2009 /

Amelia García Hervella, premio "Implicada do ano"

O colectivo Implicadas no Desenvolvemento agradécelle o seu labor radiofónico "dándolle visibilidade ás persoas invisíbeis".


17/Novembro/2009 /

Os orzamentos da Xunta esquecen a cooperación

Logo de cultura, normalización lingüística e medio ambiente, a solidariedade internacional é o valor que maior recorte sofre nas contas.


3/Xullo/2009 /

Galiza dedica só 4 euros por persoa á cooperación internacional

As ONG convidan o presidente galego a coñecer, na súa primeira viaxe a Nicaragua, a realidade do país americano e "incrementar o esforzo solidario de Galiza".


23/Maio/2009 /

Unha universidade en liña para o mundo en desenvolvemento

Unha nova institución académica impulsada pola ONU levará o ensino superior á mocidade que non dispón de medios no seu país.


Dambisa Moyo defende o final definitivo das axudas ao desenvolvemento
9/Abril/2009 /

Irlanda suspende a axuda para o desenvolvemento dos países pobres

A economista Dambisa Moyo considera que as doazóns de Occidente son as que lles eivan o progreso, e cre que a crise é unha oportunidade para África.


4/Abril/2009 /

A quen queredes salvar?

As ONG critican que os líderes mundiais acorden un estímulo fiscal que salvará os bancos pero esquecerá os máis necesitados.


23/Marzo/2009 /

Deputacións e concellos só dedican o 0,07% á cooperación

Na última década o compromiso cooperante das entidades locais medrou, mais dun xeito moi lento, segundo un informe de axuda ao desenvolvemento presentado esta segunda feira.


22/Febreiro/2009 /

África debe investir en novas tecnoloxías para contribuír ao seu desenvolvemento

Desenvólvense na capital de Etiopía unhas xornadas que analizan a contribución da e-administración á mellora das condicións de vida no continente africano.


24/Decembro/2008 /

Sete millóns de casos de contaxio de VIH poderían previrse educando á poboación

Presentuose a Memoria da Semana de Acción Mundial pola Educación, proxecto en favor do ensino e contra a exclusión social.


Elisa Ferreira, eurodeputada do PS
11/Maio/2008 /

"O rendemento por habitante no Norte de Portugal é un 65% o de Galiza"

A ex ministra portuguesa, Elisa Ferreira, insiste na necesidade dun "poder intermedio entre o Governo e as Câmaras Municipais".


28/Abril/2008 /

Convenio entre ADEGA e Implicadas No Desenvolvemento para colaborar no proxecto "AUGA EN ETIOPÍA"

Esta mañá presentouse en Compostela a actividade AUGA EN ETIOPÍA, promovida pola ONG Implicadas No Desenvolvemento, e na que colabora ADEGA através dun convenio. AUGA EN ETIOPÍA inclúe diferentes accións a realizar en Compostela durante  maio e xuño: actividades nos centros de ensino en colaboración con ADEGA, cursos de formación, proxeccións de documentais, charlas, exposicións, ciberaccións... Finalmente o sábado 7 de xuño celebrarase "O CAMIÑO DA AUGA", unha peregrinación simbólica dende a Porta do Camiño até a Quintana, na que participarán mulleres do mundo da política, cultura e o deporte de Galiza cargando cos colectores de auga que levan as mulleres en Etiopía. É un xesto de solidariedade e unha forma de visibilizar a súa situación. "AUGA EN ETIOPÍA"


25/Marzo/2008 /

A axuda internacional a Afganistán "pérdese" polo camiño

Oxfam advirte de que case a metade dos cartos volven aos países supostamente doadores en concepto de "asesorías".


6/Xaneiro/2008 /

Seguimento en liña dos Obxectivos do Milenio

O portal MDGMonitor nace para que toda a xente poida seguir e ver, na rede, que se fai ou que se deixa de facer para conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.


29/Novembro/2007 /

A Xunta anuncia 5,7 millóns para cooperación e as ONGD's lembran que a cifra está lonxe do prometido

As achegas para subvencionar os proxectos de cooperación non chegan aínda ao 0,1% do orzamento total.


9/Novembro/2007 /

ONG's de todo o Estado falarán sobre codesenvolvemento en Compostela

A Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento organiza na capital galega unhas conferencias co fin de dar a coñecer novas iniciativas para erradicar a pobreza.


Xosé Manuel Beiras, ponente do debate
29/Outubro/2007 /

Cinema e debate para concienciar á sociedade

A Coruña e Vigo acollen até o mércores diversas proxeccións e conferencias, organizadas polo Club Internacional de Prensa, que abordan o tema da pobreza no mundo.


mesa de debate
26/Outubro/2007 /

O cambio na sociedade e a obra social como bases para evitar a desigualdade económica

Representantes de iniciativas de economía alternativa, déronse cita en Compostela para tratar o tema das diferenzas entre os países do Primeiro e do Terceiro mundo.


3/Xullo/2007 /

Apenas cinco países destinan o mínimo do 0,7% para axuda ao desenvolvemento

O descenso nas axudas nos últimos anos agoira que non se cumprirán as metas fixadas para 2015, segundo as previsións da ONU.


Urmi Basu
18/Xuño/2007 /

Urmi Basu reunirase con Cooperación Exterior

A presidenta do programa New Light, que loita pola igualdade de xénero e evitar a violencia e a explotación en Calcuta, estará estes días en Galiza. Poderemos asistir a unha conferencia súa no Club Internacional de Prensa da Coruña.


14/Xuño/2007 /

A contaminación é a causa dun 10% das mortes nos países en vías de desenvolvemento

A organización internacional asegura que "cun medio natural máis seguro, cada ano poderíanse evitar 13 millóns de mortes no mundo".