Os sindicatos CIG, UXT, CCOO, CSIF e SPJ-USO volven xuntarse nunha plataforma para demandar unha mesa sectorial e medidas urxentes para modernizar o sector.
CCOO e CSIF cualifican de "excesivos" os servizos mínimos impostos durante o paro. Desde a Consellaría do Medio Rural aseguran que só media ducia de traballadores seguiu a folga.
A Medio Rural non lle coinciden as cifras coas de CCOO e CSIF; a consellaría di que pararon 53 persoas e os sindicatos que foron 800.
Os dous sindicatos anunciaron que teñen previsto convocar dúas xornadas de folga, os días 19 e 31 de xullo se a Xunta non atende as súas reivindicacións antes do día 15.