Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: comercio-xusto

21/Maio/2010 /

“NOS MOMENTOS DE CRISE CÓMPRE APOSTAR POR EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL”

Gonzalo Gesto é membro de Panxea, a tenda de comercio xusto aberta en Santiago de Compostela en 1996 e que vén de reabrir as súas portas apostando polo consumo sostible e responsable. Á experiencia na comercialización e difusión de producións do Sur unen agora producións ecolóxicas da nosa terra, producidas igualmente con criterios de comercio xusto. Deste xeito, poderemos comprar dende o tradicional café ou cacao, a grelos, fariña ou patacas novas, segundo a época do ano


Día do Comercio Xusto: 'Un día para celebrar, todo o ano para actuar'
8/Maio/2010 /

'Un día para celebrar, todo o ano para actuar'

As ONGD que fan parte da Coordinadora Galega organizan diversas actividades en media ducia de cidades. Achegámoslles o programa.


17/Marzo/2010 /

O gasto medio en comercio xusto é de 225 euros por cada mil habitantes

O desembolso dos galegos é sete veces menor á media europea, que se sitúa nos 1.500 euros por cada mil habitantes.


9/Maio/2009 /

Consumo responsábel contra as diferenzas norte-sur

Diversas ONGD organizan por toda Galiza actividades de concienciación, que inclúen unha cazarolada en Compostela.


5/Maio/2009 /

"A única alternativa ao sistema comercial internacional é a loita pola soberanía alimentaria"

Este sábado é o Día Internacional do Comercio Xusto, unha data aproveitada para reivindicar relacións económicas "xustas" entre produtores e compradores.


comercio xusto
4/Decembro/2008 /

"É posíbel vivir con menos e mellor"

A ONG Amarante fai unha chamada ao consumo responsábel e contra o consumismo desaforado na súa campaña "Consome o xusto, tamén no Nadal".


3/Setembro/2008 /

O comercio xusto xa ten o seu espazo en eBay

O portal de poxas vai ofrecer aos compradores unha web alternativa, máis ecolóxica e que tenta fomentar o comercio xusto.


10/Maio/2008 /

O Comercio (ás veces) unha ferramenta de xustiza social

Este sábado os produtos saen á rúa en seis cidades galegas, cos prezos que merecen. Velaquí as posibilidades para pasar a xornada.


Amarante
25/Abril/2008 /

Amarante convida a investigar o lado máis escuro da banca

Propoñen esixirlles responsabilidades aos grandes bancos por casos de dano ambiental e violación de dereitos humanos.


12/Febreiro/2008 /

O comercio xusto introdúcese cada vez máis á internet

A ONG luguesa A Cova da Terra abre a súa tenda en liña.


26/Xaneiro/2008 /

O comercio xusto en África, a exame

O estudo publícase días despois da negativa de sesenta países do continente aos tratados de comercio con Europa.


18/Decembro/2007 /

"Caridade non: xustiza"

Non hai moitos meses que a Federación de asociacións solidarias Setem apuntaba o rápido avance en Galiza do comercio xusto. Agora, a Confederación de Consumidores e Usuarios avisa de que o país é case pechacancelas neste ámbito. Sexa como for, son datas axeitadas para pular polo outro comercio posíbel.


16/Xullo/2007 /

Esíxenlle a Inditex que informe os accionistas da vulneración dos dereitos de quen fai a roupa

Dentro da campaña "Roupa Limpa", a ONG galega Amarante vaille formular varias preguntas á Xunta de Accionistas do grupo téxtil galego.


27/Xuño/2007 /

"Pequeno Concerto Silencioso": o valor do silencio no "Casco Antigo" de Barcelona

Coa arela de sensibilizar sobre a importancia do silencio na movida capital catalá, os músicos farán música con notas silenciadas.


12/Maio/2007 /

«Limpa a túa roupa de inxustizas»

Amarante desenvolve actividades en cinco cidades para concienciar sobre a explotación do téxtil nos países do Sur.


8/Maio/2007 /

En dous anos o 70% de cidadáns terá acceso a comercio xusto no seu concello

É unha das metas apuntadas nas xornadas sobre "Compra pública ética", que buscan o compromiso das administracións co comercio xusto.


2/Maio/2007 /

Por un comercio xusto e un consumo responsábel

A ONG promoverá este ano o compromiso das institucións en levaren a cabo unha compra pública digna.