Alonso Montero, Badia i Margarit, Haritschelhar e López Morales foron investidos novos Doutores Honoris Causa pola UNED
Esta mañá, o reitor da UNED, Juan Gimeno, e o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presidiron o acto de investimento dos escritores Badia i Margarit, Alonso Montero, Haritschelhar e López Morales como Doutores Honoris Causa pola UNED. A profesora Julia Butiñá, que actuou de madriña, definiu a Alonso Montero coma un "mestre de mestres, íntegro e comprometido. Con el", afirmou, "a cultura galega recupera a súa historia."
Ángel Gabilondo concluía na súa intervención: "Permítanme que lles faga un Plan Educativo en tres palabras: "Educar é aprender a falar, ler e escribir." Pola súa parte, o reitor dixo durante a súa intervención en euscara, galego e catalán: "Pido perdón ao nosos Doutores Honoris Causa polo meu deplorable acento, pero espero compensalo co respecto e o cariño que gardo polas nosas catro linguas".
Imaxes do evento: http://www.flickr.com/photos/uned/sets/72157623644574624/show/