Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O álter ego de COFER

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O álter ego de COFER

O álter ego de COFER

Premisas de amparo a privilexios como liberados sindicais nos estaleiros da ria e  ambición desmedida en perpetuarse á fronte do ente cameral, son confluencia de intereses entre dous sectores diferenciados  para xustificar un posicionamento colectivo e desmarcarse da manifestación promovida por Rumbo21 contra o veto de ASTANO.

Enviada por ontoria1 ontoria1 o 21/03/2010 23:19
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

A recentemente  nada COFER (Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal), no seu papel de membro  de número da Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF), puxo ao descuberto a súa condición de cativez,  ao postularse contraria a     a mobilización convocada por Rumbo21 para esixir o fin do veto á antiga ASTANO.   É inaudito que a patronal presidida polo Sr. Rilo, apoie as consideracións dos sindicatos CCOO e  UXT,  historicamente artífices da desfeita do estaleiro fenés, pero mais insólito si cabe, é a súa actual negativa a apoiar a manifestación do día 27, cando o presidente da referida  patronal, na súa participación como relator  nas Xornadas Técnicas e Estratéxicas sobre o Sector Naval organizadas por Rumbo 21, comprometeu o seu  apoio en defender sen paliativos o levantamento do veto que pesa sobre ASTANO.   Como se ha entender este cambio de talante?    Que razóns inducen ao Sr. Rilo a situarse agora no polo oposto.?   A incógnita non ten difícil resposta, e para que se entenda, direi que está patronal é un todo artificial “unha confederación sen confederados”, e o seu exiguo peso específico, dista moito da fortaleza probada da Asociación de Empresarios de Ferrolterra que lidera José Ramón Franco ou de IEN  Por Europa do seu homónimo Manuel Pérez.   Vaiamos ganduxando………..   ·        É sobradamente coñecido que estas dúas entidades empresariais que acumulan no seu foro a máis do 80% dos patróns da comarca, determinasen no seu día   non compartir mesa e mantel cos sindicatos responsables do desastre do sector naval  dentro do “chiringuito” montado polo PSOE denominada Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF),  pero o verdadeiramente  chocante  é que  sexa  a COFER coa súa escasa representatividade  a única entidade patronal que interpreta comedia  nese escenario.   Atemos cabos……………   ·        Non é nada novo  afirmar que un dos artífices  de Rumbo 21, plataforma promotora da iniciativa Lexislativa Popular, é o empresario naronés e presidente de Asociación de Empresarios de Ferrolterra, José Ramón Franco, como tamén é de dominio público o seu papel promotor da candidatura alternativa á oficialista nas próximas eleccións á Cámara de Comercio de Ferrol    co ex Alcalde de Narón como candidato á presidencia da mesma.   Ampliemos ligazóns…………   ·        Pois ben, resulta que a COFER do Sr. Rilo alíñase  a prol da corrente oficialista da Cámara de Comercio afín a Cruz e non satisfeito con esa parcialidad, asesorado por algún deficiente  xurista, tómase para si atribucións e competencias que por marco legal están reservadas á CEG.   ·        E cando a patronal galega en uso das súas atribucións  propón unha lista da que forman  parte Pérez  e Franco,  algún avogado que teme polo seu futuro, en uso da teoría do dislate xurídico, promove que o Sr. Rilo interpoña recurso e á vez nomee candidatura superpuesta, iso si, con acólitos ao actual presidente da Cámara.   Casemos fichas   Agora poderá o lector entender as afinidades, a coincidencia de posicionamento existente entre CCOO . UXT, COFER e a Cámara de Comercio, como queda referido a través do libelo desmovilizador que conxuntamente  referendaron como esquiroles desde ese garito chamado (AIPF).   Tiremos conclusións    Detrás da negativa a secundar a manifestación do día 27, só están:   Uns  sindicatos que  queren ocultar con escusas e pretextos artificiosos,  o seu  miserable  proceder co sector naval.   Un presidente da Cámara de Comercio con graves  problemas de confusión entre o exercicio do seu cargo e a obrigada obxectividade  corporativa   E unha confederación de empresarios COFER cuxo álter ego reside en Punta Arnela,   Pero por máis manobras e intrigas que se exerciten, o día 27 as rúas de Ferrol encheranse de manifestantes demandando o levantamento do VETO que pesa sobre ASTANO,  e a continuación o día 22 de Abril quedará consumado un cambio no goberno da Cámara de Comercio; e con todo isto lograrase  descabezar a mediocridade dirixente que sen dúbida é o maior  lastre que padece a comarca de ferrolterra.           


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: