Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Ourense: os (sen) límites da rapina

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Ourense: os (sen) límites da rapina

Ourense: os (sen) límites da rapina

Desde a chegada de Baltar sénior ao padriñazgo caciquil ourensá arredores de 100.000 ourensáns emigraron a outras terras, porcentaxe  que nin sequera compara ás fuxidas instigadas polo vil e malvado terrorismo de ETA. Para atopar desfeitas comparables hai que irse a territorios esmagados por exércitos criminais e xenocidas, tal é o caso de Danfur.  

Enviada por cissjgv cissjgv o 13/03/2010 17:29

Para asegurarlle lealdade e servilismo ao "neno" na cima da pirámide caciquil ourensá, Baltar sénior ata cabos: repite candidatura á presidencia da Deputación de Ourense e segue "contratando" servos,  e aínda sicarios. Si, tamén sicarios: hai moitas maneiras de liquidar a unha sociedade, as máis efectivas son as que van amodiño, liquidando colectivos enteiros sen nunca disparar un tiro. Ourense camiña inexorablemente á súa morte, e iso perante un PP indiferente. Desde a chegada de Baltar sénior ao padriñazgo caciquil ourensá arredores de 100.000 ourensáns emigraron a outras terras, porcentaxe  que nin sequera compara ás fuxidas instigadas polo vil e malvado terrorismo de ETA. Para atopar desfeitas comparables hai que irse a territorios esmagados por exércitos criminais e xenocidas, tal é o caso de Danfur. Mais eu non me limito a culpar ao PP, culpable por antonomasia, e estendo esta culpabilidade a un Estado covarde, que polo súa covardía é cómplice deste xenocidio social.

Non acepto, de ningunha maneira, que un Estado civilizado e democrático careza de instrumentos para frear a destrucción dun dos seus territorios constituíntes. A destrucción de Ourense ás mans de monstros desalmados amparados polo PP xa transcende o caciquismo e a prevaricación e a rapina, e é unha mesquindade suxerir que iso é un problema interno de Ourense. É un crime de Estado. E sendo un crime de Estado, que o é,  é un crime contra a humanidade. O Estado ten os instrumentos para remediar a desfeita, e de non telos, para iso está o Parlamento, para promulgar leis que o apoderen e así liberar ás poboacións oprimidas e escravizadas. A esperanza, a autoestima, e  a fe no futuro e nas propias posibilidades definen á democracia e á liberdade. Onde iso for ausente xa sabemos que non hai democracia; en  Ourense son ausentes. E onde non existir eses valores podemos dicir, sen reparos, que reinan o servilismo, e o servilismo non é outra cousa máis que a cara maquillada da escravitude.

En Ourense un 40% da poboación vive na pobreza, coexistindo cunha mafia que se apropia o 35% dos orzamentos en forma de soldos directos, para xa despois utilizar o outro  65% a dedazo, despachando contractos coa máis absoluta indiferenza aos criterios máis básicos dos valores intrínsecos  á meritocracia.

Igual daría que non houbera precedentes noutras democracias que por uns motivos ou outros tiveran  que suprimir gobernos locais para ceibar a cidadanía das gadoupas das mafias usurpadoras do poder, mais hainos, a moreas, e en países moito máis rodados có noso no que atinxe á democracia. Xa logo, a inacción deste noso Estado só a pode explicar a covardía. E onde reine a covardía non hai esperanza de nada.  Ourense vaise, e vaise perante a criminal indiferenza de cantos miran. 

Xoán G. Vázquez, Nova Jersey, USA  http://xoangvazquez.blogspot.com/


3,33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: