Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Asociación de Promotores de Cursos no Estranxeiro celebra súa Xunta Xeral na Coruña

150,000 estudantes realizaron algún curso ou programa de aprendizaxe de idiomas no estranxeiro

Enviada por Punal Punal o 05/03/2010 12:36

A Asociación de Promotores de Cursos no Estranxeiro (ASEPROCE), que agrupa a máis de 70  empresas e organizacións de toda España, elixiu A Coruña como sede para celebrar a súa Xunta Xeral 2010, que terá lugar o próximo día 5 de marzo.
No transcurso deste encontro analizaranse as principais actividades levadas a cabo en 2009, un ano no que preto de 150.000 españois realizaron algún curso ou programa de aprendizaxe de idiomas no estranxeiro, e tamén se estudarán os proxectos previstos para 2010.
 
Ademais, farase entrega do Premio "Tato Goya"  ao Concello da Coruña polo seu labor e iniciativa a favor da aprendizaxe de idiomas, ao ser pioneiro no mundo co seu programa "Aprender en USA" instaurado hai xa 7 anos. 
 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: