A nación que protagonizou a primeira revolución libertadora de América Latina, co levantamento da escravitude negra, terá que organizar de novo a loita popular pola expulsión dos invasores e a recuperación do seu propio destino. Nese antecedente histórico están as grandes ensinanzas para as loitas necesarias no presente.
O terremoto do pasado día 12 de xaneiro en Haití puxo de manifesto -unha vez máis -, que en calquera catástrofe natural os danos para a poboación son directamente proporcionais ao grao de espolio sufrido polo país afectado. Foron as condicións precarias nas que vive Haití as que ocasionaron un tan alto número de vítimas mortais e unha tan alta destrución de todo tipo de edificacións. Por iso hai que denunciar a quen teñen a responsabilidade directa dese terrible panorama de morte e sufrimento: o colonialismo, o neocolonialismo e o imperialismo.Resulta un exercicio cínico indignante as declaracións da representación da monarquía española expresando "o seu pesar polas vítimas de Haití", cando o primeiro grande terremoto que sufriu ese pobo foi a chegada do colonialismo español en 1492, orixe primeira de toda a destrución que hoxe vemos.Posteriormente foron Francia e EE. UU. quen invadiron, esclavizaron, saquearon e realizaron todo tipo de crimes contra o pobo de Haití e contra os seus ricos recursos naturais. Golpes de estado, ditaduras e os crimes máis terribles foron responsabilidade directa de ambas potencias colonizadoras.Agora, nesta traxedia -fronte á actitude admirable da revolución cubana e outros pobos solidarios-, vemos ás hienas disputarse a ocasión para botarse de novo sobre a presa que nunca soltaron.Nin os EE. UU. nin a UE realizan acción humanitaria en Haití, o que fan é simplemente xeopolítica. É dicir, aproveitan esta nova desgraza que sofre o pobo haitiano para mellorar o posicionamento para a defensa dos seus intereses na zona. Así se explican as desavinzas entre Francia e EE. UU., á vez que o lacaio Rodríguez Zapatero aplaude a invasión militar ianqui e envía o seu propio continxente militar á zona. Este é o mesmo Presidente do goberno español que apoiou o golpe de estado de 2004, sumando apoio militar do noso país para colaborar coa asonada organizada polo imperialismo ianqui.Desde fai algúns anos, desde centros de propaganda do imperialismo, elaborouse a idea perversa dos chamados "estados falidos". Esta formulación ten como finalidade última lexitimar a ocupación imperialista deses países "ante a súa inviabilidade", e o caso de Haití é un exemplo paradigmático do que o imperialismo nos depara para o futuro. No seu fracaso histórico o imperialismo ten que recorrer á liquidación de todo dereito e/ou liberdade para tentar sobrevivir. Por iso non hai piedade, e aprovéitase calquera ocasión para facer avanzar as políticas necesarias ao capitalismo senil.A nación que protagonizou a primeira revolución libertadora de América Latina, co levantamento da escravitude negra, terá que organizar de novo a loita popular pola expulsión dos invasores e a recuperación do seu propio destino. Nese antecedente histórico están as grandes ensinanzas para as loitas necesarias no presente.O CE do PCPE -en base a todo o exposto- esixe a inmediata saída das forzas militares ocupantes e a entrega de toda a axuda humanitaria necesaria sen condicionamentos políticos de ningún tipo, priorizando as necesidades da poboación.O PCPE estará sempre ao lado do pobo haitiano na súa xusta aspiración a construír un país soberano, dono dos seus recursos, no que as forzas do progreso social levanten un proxecto de emancipación e xustiza social. Ese é o camiño necesario para que as catástrofes naturais non se convertan en causa de tanta dor e sufrimento para ese pobo heroico.¡VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETARIO!
¡FÓRA TROPAS IMPERIALISTAS INVASORAS!PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA