Do 11 ao 31 de xaneiro mostrará a súa obra na Universidade da Coruña e do 5 ao 28 de febreiro , no emblemático local de Ou Forno, en Lugo
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña, ofrécenos, desde o 11 ao 31 de xaneiro, a oportunidade de gozar da exposición fotográfica "Onirismos con certa asepsia", do catedrático da área de Paleontología, Román Montesinos López.Á calidade artística e fotográfica das imaxes de Román, únese a súa desbordante imaxinación, que con humor e retranca , e dunha maneira poética e filosófica, trata os temas máis diversos da realidade, no que el chamou "fotografía conceptual".Nada é banal para Román, e sorprende ver como as súas fotos, nas que emprega os máis variados obxectos para expresar os seus conceptos, móstranos un mundo singular, que nos fai exercitar a mente.Son geólogo especializado na paleontología -di Román- e dou clases na Universidade da Coruña, por iso estou moi afeito ver cousas que a xente non observa normalmente, evidenciar pequenos detalles, a buscar analogías, comparar, contrastar ideas, etc? é dicir, todo aquilo que é común nunha actividade científica na que a filosofía ten unha gran presenza.O proceso de ver algo, de revelalo, é como un "flashazo". Podes buscar ou podes ver directamente algo dependendo do momento. Son asociacións de ideas, cruces neuronais. faíscas si queres chamarlle así. O instante final é a representación da idea e iso pode resultar, en moitas ocasións, bastante complexo. Neste punto xa interveñen ferramentas, composicións, cámara, obxectivo adecuado...- asegura Román.O humor pode ser un espello distorsionador de situacións, actitudes, filias e fobias da nosa sociedade, e penso que é necesario ser crítico no posible -finaliza.