Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Novo CD coa música do espectáculo da Nova Galega de Danza

Tradicción é o título do CD que inclúe as músicas do ultimo espectaculo dá Nova Galega de Danza, e que foi presentado hoxe na Coruña, e que xa está á venda.

Enviada por Punal Punal o 16/06/2009 18:33

Tradicción é  a derradeira entrega dunha triloxía que comenzou en 2003 con espectáculo ALENTO, que inaugurou un novo xeito de concebir a danza e a música realizadas en Galicia.
ENGADO chegou en 2007, abrindo os camiños da fusión na música galega e paseándose polor mellores escenarios de Galicia e do estado.
Agora chega TRADICCIÓN , a consolidación dun proxecto que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009, outorgado pola Fundación Premios da Crítica- Galicia.
Pedro Lamas é o director musical deste grupo de excelentes interpretes galegos, que son os encargados de levar a música en vivo nas actuacións da Nova Galega de Danza.
En palabras de Pedro, "este é un tributo aos nosos músicos populares". María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura, do concello da Coruña, estivo presente no acto.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Novo CD coa música do espectáculo dá Nova Galega de Danza