Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Peixes con tres ollos no LIC Rede Natura 2000 da Ramallosa

Varios veciños de Sabarís notificaron o sábado ao SEPRONA os continuos verquidos que padece o LIC da Ramallosa que forma parte da Rede Natura 2000. Alertan de que non se están tomando medidas pese á investigación aberta pola Fiscalía do TSXG.

Enviada por valminor valminor o 12/11/2007 13:25
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

O titular da noticia, non é realidade ainda, ou polo menos non temos constancia. Ainda que estudos realizados na ría de Vigo confirmaron mutacións sexuais (hermafroditas) nalgunas especies como consecuencia da forte contaminación que padecen as nosas rías. E o LIC de A Ramallosa non se queda atrás.

Pese a que o concello de Baiona, anunciara as novas medidas para frear a contaminación na bahía , o esteiro da Foz segue a ser un lugar abandoado en iniciativas medioambientais pese á contradición de que debería ser o lugar máis protexido da comarca, dada a súa catalogación e a fraxilidade do seu ecosistema que obriga directamente aos concellos a preservala. Así mesmo este lugar é a fonte de traballo do grupo de mariscadoras da comarca, un lugar de marisqueo que xa leva dous anos pechado por mor da contaminación.

Alertados por este novo verquido, varios veciños avisaron á policía local e mesmo á Garda Civil (SEPRONA) ao redor dás dúas da tarde. Segundo informaron os denunciantes, Sabarís espertou novamente cun forte cheiro a augas fecais procedentes dos emisarios e canalizacións ilegais que seguen vertendo ao esteiro afectando e agravando o problema da contaminación que padece a paraxe natural.

Unha das bifurcacións do río Groba esparcía por toda a marisma un regueiro de augas fecais que flotaban ao redor do paseo marítimo ante a expectación dos transeuntes.

Por outra banda, preto da ponte, unha das canalización supostamente de augas pluviais, verquía un líquido branco que segundo estes veciños parecía ser restos de auga con xabón ou deterxente. Os veciños aseguran que "os verquidos prodúcense case que a diario, sen que ninguén tome cartas no asunto".

Argumentan que xa non é a primeira vez que denuncian os feitos e seguen asistindo pasmados "día tras día ao forte cheiro a merda que inunda as rúas interiores de Sabarís, provintes da rede de alcantarillado" e aseguran "que sempre se da a casualidade que cando en Sabarís cheira mal, na Foz hai verquidos flotando de augas fecais".

Estes veciños aseguraron estar "indignados, de ter que ler na prensa ao alcalde, o concellal de medio ambiente e ao presidente da cofradía Ramón Costas, inaugurar unha estación de bombeo e dicir que o problema da contaminación que produce Baiona está resolto para que se retire a investigación iniciada contra o concello pola fiscalía ".

Ver vídeo
http://www.youtube.com/watch?v=QLvVbFzKEWM


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: