Bill Clinton e Tony Blair anunciaron na tarde do luns que o primeiro borrador do xenoma humano está rematado. Con esta presentación conxunta ponse fin á guerra mantida entre o proxecto público formado por centros de investigación de varios países, Proxecto Xenoma Humano, e o proxecto da empresa Celera Genomics. Segundo os científicos conseguiuse descifrar ata o 97% do xenoma humano. Este mapa permitirá descubrir tratamentos para enfermidades ata o momento incurables ou hereditarias, tratar xens defectuousos, etc. Agárdase que estea completo no 2003, o que suporá unha auténtica revolución para a medicina.
.