A organización independentista publicou un manifesto de cara ao Día do Patria no que tamén critica duramente o BNG.
A organización independentista Nós-UP deu a coñecer un manifesto de cara ao Día da Patria. No mesmo faise fincapé nunha situación política e económica marcada polas “medidas españolizadoras” e polo “incremento da marxinalización e explotación laboral das traballadoras”.
No documento hai fortes críticas ás principais organizacións políticas galegas, incluídas a nacionalista: “PP, PSOE e BNG son organizacións interclasistas que, con matices e ritmos propios, perpetúan na Galiza a lóxica do capitalismo español”.
Poden ler aquí o manifesto íntegro