Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PARTIR DO DÍA 15

A Xunta insiste en abrir ao marisqueo a contaminada Ría do Burgo

Os mariscadores rexeitan a medida e alertan do alto número de verteduras e da contaminación por augas fecais.

Redacción - 11:55 01/07/2010
Os mariscadores rexeitan a apertura dunha ría sen rexenerar /Imaxe: Flickr: jm28es

Os mariscadores rexeitan a apertura dunha ría sen rexenerar /Imaxe: Flickr: jm28es

“Non hai garantías sobre as condicións nin a calidade do marisco extraido desta ría, que segue a recibir continuos verquidos contaminantes”. Así falan os mariscadores da Ría da Burgo, enfrontados xa abertamente á Xunta de Galiza e á Consellaría de Pesca no seu posicionamento firme en contra da decisión xa tomada de abrir o próximo 15 de xullo ao marisqueo a zona comprendida entre a praia de Santa Cristina e a ponte da Pasaxe.

Na súa última xuntanza co director xeral de Recursos Mariños recibiron a confirmación (aínda pendente de publicar no DOG) de que neste día xa se poderán recoller os bivalvos, principalmente berberecho e ameixa, que irían a unha depuradora dous días antes de chegar aos mercados. Porén, dende a Confraría insisten en que esta depuración non está contrastada e reclaman que se rexenere primeiro a ría para garantir a viabilidade futura e sustentabilidade dos recursos marisqueiros.

Cunha ría pechada dende abril do 2007 á toda a explotación marisqueira, os mariscadores xa anuncian que non se prestarán a retomar a actividade para fornecer os mercados con marisco contaminado. Asemade, o patrón maior, Manuel Cao, recorda que aínda están a agardar a que se pronuncie a Unión Europea sobre esta reapertura da ría cando as verteduras de augas fecais seguen a ser continuas. Na última semana a Confraría de Pescadores denunciou até tres atentados ambientais deste tipo: un nas Xubias, outro no río Quintas e un terceiro en Culleredo.


2,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: