Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Solidariedade internacional

A aplicación práctica, primordial reto para acadar a eficacia da axuda

Máis de 70 organizacións da sociedade civil europea estiveron representadas no Foro sobre Eficacia das Organizacións da Sociedade Civil Europea no Desenvolvemento.

Redacción - 11:30 03/07/2010

O Foro sobre Eficacia das Organizacións da Sociedade Civil Europea clausurouse o martes pasado logo de dous días de intensa reflexión e intercambio, acentuando a importancia do traballo de incidencia política e o fortalecemento das redes Norte-Sur como principais retos para lograr os compromisos da eficacia da axuda.

A Comisión Europea, a Coordinadora Europea de ONG para o Desenvolvemento (CONCORD) e máis de 25 plataformas estatais participaron neste encontro que se desenvolveu no Centro Social de Caixanova de Compostela e que organizou a Coordinadora Galega de ONGD.

Os relatores, pertencentes a máis de 70 organizacións da sociedade civil europea, partillaron nos diferentes grupos de traballo e nas sesións plenarias programadas, as críticas, as propostas e os diferentes puntos de vista que suscitaron os seis temas que se abordaron para tratar a eficacia da axuda en varias das súas dimensións.

Segundo expuxo Eduardo Sánchez, presidente da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento a nivel estatal (CONGDE), o foro converteuse ao longo de dous días nun bo espazo de traballo e de intercambio de experiencias onde se comprobaron os diferentes niveis de reflexión das distintas organizacións que conformaron o Foro.

Na clausura, Sánchez fixo fincapé nas conclusións máis destacadas que tiveron lugar nos diferentes grupos de traballo que se desenvolveron ao longo do martes. En materia de transparencia e rendición de contas, considerou que os niveis de reflexión das organización estatais avanzaron moito nos últimos anos e tamén a aplicación de estratexias de transparencia.

No relacionado coa transversalización do xénero e os dereitos humanos nos proxectos de cooperación internacional, o avance máis importante produciuse en termos teóricos que é preciso trasladar ás accións concretas e na práctica diaria das propias OSC.

Finalmente, o presidente da Coordinadora Estatal destacou que o reto principal está no eido da incidencia política e no traballo en rede (especialmente Norte-Sur) imprescindíbeis para fortalecer as intervencións a nivel global.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: