O festival naronés cumpre unha década de historia, consolidada xa a súa proposta de unión de cultura, música e activismo social.
O Muíño do Pedroso é escenario esta fin de semana dunha nova edición do Festival da Terra e da Língua, e nesta ocasión elixiron a defensa da lingua como centro temático para este aniversario, segundo explican os organizadores, "nun momento especialmente difícil para a nosa lingua e, por extensión, para a nosa identidade".
A Fundación Artábria deseñou unha vez máis un vizoso programa de actividades para gozar de dous días cheos de música, diversión e, subliñan, tamén "reflexión e acción". Velaí o programa:
Sexta-feira 25 de Xuño
21h30 Presentación do Festival
22h00 Concerto
- BOJ
- ESTIMABA QUE VIÑERAS
- MAGHÚA
02h30 Repichoca Ártabra (podedes levar o voso instrumento!)
Sábado 26 de xuño
12h00 Apertura da exposición "Dez anos en dez fotos" de Ernesto Lopes
16h00 II Campionato Fútbol 3x3 (Regulamento)
16h30 Festivalzinho
17h30 II Abertinho Ártabro de Bilharda
19h30 Debate "O Futuro da nossa Língua"
- Maurício Castro, membro da Fundaçom Artábria
- Eduardo Sanches Maragoto, Professor da EOI de Compostela
- Eva Cortinhas Ferreira, militante de AGIR
- Brais de Esteban, Professor e membro da CNT
21h45 Pregón: Sechu Sende
22h00 Concerto
- WISDOM
- KAVEGZ
- LAMATUMBÁ