Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asalto á Frota da Liberdade

Numerosa asistencia ás concentracións de repulsa a Israel

Centos de cidadáns manifestáronse este martes á tardiña en varias cidades do país.

Redacción - 10:30 02/06/2010
A actriz Isabel Risco, na Coruña

A actriz Isabel Risco, na Coruña

Centos de persoas concentráronse este martes á tardiña en varias localidades do país para mostrar a súa repulsa ao asalto do Exército israelí á Frota da Liberdade e á política do goberno de Israel cara aos palestinos.

Os actos estiveron convocados pola asociación Galiza por Palestina (GxP) e foron secundados por diversas organizacións sociais (como o Foro de Inmigración, a Coordinadora de ONGD ou o Seminario pola Paz) e políticas (como o BNG e EU).

Desde GxP informan de que aínda non recompilaron as cifras totais de asistencia, mais aseguran que a asistencia foi moi numerosa en todas as localidades. En concreto, na Coruña calculan que houbo arredor de 500 persoas.


4,53/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Concentración fronte ao Obelisco da Coruña (clique para ampliar)
Concentración fronte ao Obelisco da Coruña (clique para ampliar)
Concentración na Praza do Toural, en Compostela. O clown Iván Prado leu o manifesto
Concentración na Praza do Toural, en Compostela. O clown Iván Prado leu o manifesto
Concentración en Ferrol diante do edificio da Xunta
Concentración en Ferrol diante do edificio da Xunta
Asistentes á convocada en Pontevedra
Asistentes á convocada en Pontevedra
Vigo
Vigo