Esta mesma semana poden velos en directo en Compostela. Como aperitivo, velaquí un arrouto de gastropunk de colleita especial ghit.
Din ser, presuntamente, "unha banda veterana de New Age formada no ano 1989, inspirados nun principio por Enya ou Kenny G, pero evolucionados e adaptados aos tempos que corren"...
...Mais desconfíen... "Pódese dicir que son uns modernos como os de antes". O seu lema é "ti come o que queiras, e o que non, déixalo". Responden ao nome de Metralletas Lecheras. A súa canción fala de Ana de Palacio, así sen mais, "sen ningunha historia por detrás".
Eles son Rafa Anido (guitarra e voces), Rubén Rodrigo (baixo) e Don Camilo (batería). Este sábado 5 de xuño estarán en directo en Compostela, na Sala Moon, canda Los Santos.