Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
ENFADO DOS COLECTIVOS LGBT

Quim Barreiros provoca unha forte polémica en Portugal cunha canción sobre o matrimonio gai

Ao autor da canción "A Cabritinha" chóvenlle as críticas por letras homofóbicas nun tema incluído no seu último disco.

Redacción - 10:55 27/05/2010

Representantes de colectivos gais portugueses están que botan fume contra o célebre cantante Quim Barreiros. O seu último traballo discográfico (“Deixai-Me Chutar) inclúe o polémico tema "Casamento gay". A canción fai chanza da recente aprobación do matrimonio homosexual en Portugal describindo unha voda que remata con “bananas” de sobremesa e na que non faltan alusións que algúns consideran "homofóbicas" e "insultantes". O Jornal de Notícias recolle as palabras dun activista LGBT, Paulo Jorge Veira, que asegura que se trata “de alguén moi coñecido que está a reforzar a homofobia coa súa música”.

Con 62 anos, Joaquim de Magalhães Fernandes Barreiros, “Quim Barreiros, é un dos cantantes portugueses máis coñecidos. Máximo representante da chamada música 'pimba', un estilo de orixe moi popular e que ten o sexo e a retranca como "leit-motivs".
Natural de Vila Praia de Âncora (Caminha),Quim Barreiros é moi coñecido no noso país dende que a finais dos 80 triunfou co seu disco "Bacalhau à Portuguesa". Nos últimos anos a canción "A Cabritinha" é un tema recorrente en case todas as verbenas e moitos locais de ocio galegos.


4/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: