Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Lusofonia

Débese manter o portugués como lingua oficial de Timor-Leste?

Que o continúe a ser foi cuestionado nos últimos meses por "varias voces" da sociedade timorense, informan xornais do ámbito lusófono.

Redacción - 13:40 04/05/2010

"O mantemento do portugués como lingua oficial de Timor-Leste foi, nos últimos meses, cuestionada por varias voces da sociedade timorense". Varios xornais do ámbito lusófono recollen nas súas páxinas unha análise ao respecto fornecida pola axencia de noticias Portuguese News Network.

Na base destas críticas, apuntan, están argumentos como a distancia xeográfica que separa o país do resto de membros da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) e o feito de que gran parte da poboación entende as linguas dos dous principais países veciños (bahasa indonesio e inglés).

O outro idioma oficial do país na actualidade é o tetun, unha das linguas orixinarias da illa, fortemente influenciada polo portugués desde que este se asentou en Timor-Leste a mediados do século XVI. É por iso que hai quen defende que o propio tetum podería asumir en exclusividade o papel de lingua oficial.

Porén, outros destacan que o portugués é a día de hoxe un símbolo da identidade nacional timorense, logo de se ter tornado o principal vehículo de comunicación durante os anos da Resistencia á ocupación indonesia.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: