Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVA POESÍA

Un Día das Letras para non 'esquecer un soño'

O poeta Xosé Sixto incorpora a súa 'voz en movemento' á relación de versos que homenaxean a Uxío Novoneira no Especial que prepara Vieiros.

Isabel G. Couso - 11:05 03/05/2010

'Esquecer un soño supón perder o sentimento,
ou mellor,
perder a vida. Se non hai soño,
non hai vida. Se hai soño,
hai vida
Se hai vida, hai domingo e corazón. Anuncios'

Xosé Sixto (Guimarei-Friol, 1984) escolle uns versos do seu último poemario Peitos e tetas nas noticias do domingo para homenaxear a Uxío Novoneyra no seu día, na festa nacional das Letras Galegas. É unha das 'Seis voces en movemento' que verán a luz o vindeiro luns 17 de maio no Especial das Letras que, un ano máis, prepara Vieiros. Adiantamos, na súa propia voz, as súas escollas para este día: Xersei con rombos e Terceira persoa de singular e de plural.


Podes volver ler aquí os Especiais das Letras dos últimos anos:


4,64/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: