Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VALDOVIÑO

Como converter a Lagoa da Frouxeira nun ermo areoso

Adega acusa á Xunta de desleixo na conservación da lagoa e denuncia unha roza de hábitats prioritarios promovida pola propia Administración.

Redacción - 13:30 29/04/2010
Lagoa da Frouxeira/ Foto: Vorjales

Lagoa da Frouxeira/ Foto: Vorjales

Despois de cinco meses sen auga, a Lagoa da Frouxeira (Valdoviño) converteuse nunha chaira areenta e, en palabras do colectivo ecoloxista Adega, atópase nun “estado ecolóxico lamentábel”. Denuncian que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza non tomou ningunha medida para a súa recuperación nin para a súa conservación e, aínda máis, a propia administración “vén de perpetrar unha roza de hábitats prioritarios e especies protexidas”.

Estes “desbroces indiscriminados” realizáronse este mes sobre o sistema dunar e a vexetación palustre, segundo explica Adega. Subliñan que foron danados “hábitats prioritarios” (como as dunas grises, vexetación higrófila ou outros hábitats de interese europeo como dunas brancas ou pasteiros salinos); que se puxo en perigo o estado de conservación das especies protexidas en perigo de extinción);ou que, sorprendentemente, mentres se destrúen hábitats protexidos, estanse a respectar especies invasoras.

Sen control ningún
Adega explica tamén que no entorno do humidal non hai vixilancia nin sinalización, polo que “pululan sen control persoas, cans, cabalos e quads que están a alterar os hábitats e as especies protexidas comprometendo a súa conservación”. Ademais, lamentan que a urbanización dun bo anaco da zona de inundación e das marxes naturais da lagoa, ademais de causar un grande impacto sobre o entorno, está a ser aproveitado “como coartada para realizar sangrados inxustificados sen criterio e á marxe da legalidade”.

Ao tempo que chaman a atención sobre o incumprimento da normativa estatal e comunitaria, Adega denuncia o “desleixo e a incompetencia” da Consellaría de Medio Rural á hora de xestionar e conservar os nosos espazos protexidos.

  • Informe da Xunta sobre as últimas actuacións na Lagoa da Frouxeira (Fonte: Adega)
  • Informe de Adega sobre as últimas actuacións da Xunta na Lagoa da Frouxeira (Fonte: Adega)


3,8/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: