Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Peche na sede do Consorcio

Traballadores en defensa dos servizos públicos e contra os "ataques, difamación e desprezos"

A policía desaloxou este mércores os delegados do Consorcio de I+B que protestaban polo "recorte e deterioro de servizos".

Redacción - 17:35 28/04/2010

"Todas as medidas que tomaron encamiñáronse a deteriorar e recortar os servizos, despedir traballadores e traballadoras, empeorar as condicións laborais e amosar unha disposición permanente de desprezo, desconsideración e falta de mínimo diálogo e negociación". Así de negativo aparece o balance que realizan desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) ao respecto da traxectoria do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar.

En protesta pola situación, as delegadas e delegados do Consorcio pecháronse durante a mañá desta cuarta feira deica as 13horas, momento no que foron desaloxados pola policía, requirida a súa presencia polo xerente do organismo.

Os traballadores critican que a administración teime en negarse a recibir, informar e negociar cos traballadores, "cunha actitude desprezativa e insensíbel co colectivo de empregadas, máis tamén co conxunto dos usuarios destes servizos esenciais para o benestar do noso país". Nesa liña lamentan o que consideran que é unha actitude "irresponsábel e totalitaria" de actuar na xestión destes servizos, no que ven como unha clara "óptica privatizadora que están a aplicar para sacar beneficio destas actividades, tratando o persoal como mercadoría e non como traballadores e traballadoras con dereitos".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: