Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TESTEMUÑA DOUTRO TEMPO

A defensa do estaleiro de Bueu chega ao youtube

Un vídeo duns tres minutos escolma fotografías antigas que reflicten a importancia da carpintería de ribeira para este pobo ligado ao mar.

Redacción - 12:00 19/04/2010
Imaxe: Salvemos o estaleiro

Imaxe: Salvemos o estaleiro

Despois de sumar día a día máis seareiros nas redes sociais (no facebook xa conta con máis de 650), a defensa do estaleiro da Banda do Río, en Bueu, chega en forma de vídeo ao youtube. Ao ritmo de “Meu amor é mariñeiro” de Fuxan os Ventos, a Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais Os Galos e os colectivos que, canda eles, defenden a integración do estaleiro na ampliación do Museo Massó, quixeron amosar a importancia que tivo para Bueu a carpintería de ribeira.

A montaxe ofrece fotografías antigas dos areais da Banda do Río e de Pescadoira (tristemente con menos area na actualidade), das embarcacións tradicionais, da chegada da pesca ou da descarga do peixe, ademais da preparación para a súa venda nas esquecidas patelas. Ao tempo, imaxes do propio estaleiro de Purro fan reparar no papel que tiñan os carpinteiros nun pobo coma este, que como case todos os da costa, vivía case exclusivamente do que ofrecían os seus caladoiros. É, en suma, un novo chamado para facernos reflexionar sobre a necesaria recuperación daqueles elementos que xa se converteron, como o estaleiro de Purro, na testemuña dun tempo.


Ligazóns

5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: Salvemos o estaleiro

Embarcacións tradicionais en Bueu (imaxe tirada do vídeo)
Embarcacións tradicionais en Bueu (imaxe tirada do vídeo)