Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Emprego público

Os socialistas acusan a Xunta de "paralizar as oposicións"

Xosé Manuel Lage denunciou que 23 opositores ao corpo de enxeñeiros levan 16 meses agardando un exame, entre outras irregularidades.

Redacción - 18:27 17/04/2010
Xosé Manuel Lage

Xosé Manuel Lage

O vice-voceiro do grupo do PSdeG no Parlamento, Xosé Manuel Lage, denunciou que "o goberno de Feijoo está paralizando as oposicións á función pública da Xunta". Lage deu conta de novas anomalías no acceso á función pública, como o atraso en 16 meses da publicación de notas para o corpo de enxeñeiros.

O parlamentario asegurou que dende xaneiro de 2009, 23 opositores a ese corpo levan agardando a convocatoria do último exame das probas de acceso ao grupo A1, escala administración especial, de enxeñeiros de camiños.

Lage exixiulle á conselleira de Facenda que "cese fulminantemente o Director Xeral da Función Pública" ou que ela mesmo asumise as responsabilidades "polo Expediente X no que se están a converter as oposicións á Xunta de Galicia". Por iso, presentará no Parlamento unha pregunta urxente para "que o Goberno se explique, porque existe un continuo goteo de anomalías e problemas nas probas de acceso ao emprego público".

Insistiu, ademais, en pedirlle ao Goberno que "nomee de inmediato funcionarios da inspección urbanística os opositores que gañaron a súa praza hai máis de 13 meses". Engadiu que "os continuos escándalos" arredor das oposicións están a provocar "unha gran alarma social" e "desconfianza" en quen opta a un emprego público.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: