En poucas horas, case 600 persoas sumáronse ao grupo de seareiros do concurso musical organizado por Vieiros.
A corrente de apoio na rede a A Polo Ghit xa conta cunha nova fiestra para darse a coñecer. Usuarios da rede social Facebook crearon esta quinta feira unha páxina de seareiros do concurso que organiza Vieiros na procura da canción galega do verán. O éxito está a ser espectacular.
Dende que se publicou na rede a iniciativa, o xoves pola tarde, a páxina superou en menos de 24 horas os 570 apoios, e segue a medrar. Ese número de seareiros xa supera amplamente, por exemplo, os que ten a páxina "Amigos da Radio Galega", que ficou en 192.
A páxina de A Polo Ghit en Facebook está chamada a se converter nun punto de encontro e nunha mostra do masivo apoio dos internautas ao do concurso. Moitas grazas polos vosos apoios! Para sumarse ao club, haise que facer seareiro no enderezo http://www.facebook.com/pages/A-Polo-Ghit/114707198549280