Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
Nos tribunais arxentinos

Ao fío da querela en Bos Aires, reclaman a detención de Manuel Fraga

Asociacións a prol da recuperación da memoria histórica impulsan unha iniciativa que chama a atención sobre "o silencio cómplice" no Estado español.

Redacción - 11:00 15/04/2010

"En España segue a vivirse como durante os 40 anos da ditadura de Francisco Franco: Hai en certo modo un silencio cómplice. O camiño da concordia e da reconciliación non exclúe a xustiza nin implica o esquecemento".

Así o recolle un dos parágrafos da misiva asinada por Darío Rivas, quen na altura dos seus 90 anos se erixe nun dos demandantes que pulan para abrir nos tribunais arxentinos un xuízo polos crimes do franquismo. Na lista de responsábeis aos que o colectivo apunta aparece destacado un nome: o ex ministro franquista Manuel Fraga. "Esquecer o pasado é cometer unha inxustiza coas vítimas da represión, coas xeracións futuras. A procura de xustiza histórica por dolorosa que sexa, non só é importante para España senón que ten ramais por toda Europa", exponse no documento elaborado por Rivas e lido por súa sobriña Ana Campos nun acto celebrado en Bos Aires.

Para ampliar:


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: