Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións parlamentarias

Hungría asina unha forte viraxe cara á dereita

A dereita convértese na forza maioritaria e a ultradereita queda apenas un chisco por baixo dos socialistas até o de agora gobernantes.

Redacción - 09:00 12/04/2010

Esmagadora vitoria dos convervadores do FIDESZ na primeira volta das eleccións lexislativas en Hungría. Os socialistas do MZSP, logo de oito anos de goberno caen a só un 19,3% dos votos (obtiveran un 43,2% nos anteriores comicios), mentres o FIDESZ ascende ao 52,7% dos sufraxios (logo do 42% anterior). De xeito significativo, a ultradereita do Jobbik chimpa ao 16,7% (na anterior elección non pasara a barreira do 5% necesaria para acceder á Cámara húngara). Atrás de todos eles, a esquerda ecoloxista do LMP quedou no 7,4% dos apoios.

Participou arredor do 60% dos oito millóns de electores, un par de puntos por baixo da anterior cita coas urnas. A inxección económica solicitada polo executivo hai apenas dous anos a UE, FMI e Banco Mundial para frear a grave situación das finanzas do país, a taxa de desemprego máis elevada dos últimos quince anos (11,4% da poboación activa) e a forte contracción económica (-6,4%) están entre as explicacións da conxuntura económica coa que se chegaba a estes comicios.

Recomendámoslles ampliar en:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: