Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO GRAN SOL

A Mariña irlandesa retén un pesqueiro de Celeiro

O buque “Minchos Sétimo” foi apresado por suposta violación pesqueira ao sur suroeste da Bahía de Bantry.

Redacción - 10:00 10/04/2010
Zonas de pesca no caladoiro de Gran Sol

Zonas de pesca no caladoiro de Gran Sol

As autoridades irlandesas conduciron ao porto de Castel Town ao buque “Minchos Sétimo”, con base no porto de Celeiro (Viveiro) para unha “verificación” do seu labor de pesca, segundo confirmaron fontes do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e mariño.

A detención atende á “suposta violación pesqueira” por mor dos aparellos utilizados nestes caladoiros do Gran Sol, que segundo a Mariña irlandesa teñen unha abertura de malla por enriba da normativa estábel de 100 milímetros. Pola súa parte, o armador deféndese dicindo que co sistema de medición que se utiliza habitualmente cumpren a regulamentación, mais a Mariña irlandesa está a empregar un novidoso calibrador dixital, segundo o cal a malla tería uns tres milímetros menos do permitido.

O palangreiro saíu o pasado luns de Celeiro con 12 tripulantes, todos galegos, e atopábase faenando en augas comunitarias fronte a Irlanda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: