Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ocupación de Afganistán

Tropas alemás matan "por erro" cinco soldados afgáns

O incidente produciuse o venres, horas despois de que tres militares alemáns falecesen nun tiroteo contra membros da resistencia.

Redacción - 10:25 03/04/2010
Afgáns xunto a vehículo alemán

Afgáns xunto a vehículo alemán

As tropas alemás estabelecidas en Kunduz, no norte de Afganistán, mataron por erro cinco soldados afgáns, segundo confirmaron fontes da OTAN. O incidente produciuse o venres, horas despois de que tres soldados alemáns falecesen nun tiroteo contra membros da resistencia.

"Dispararon ao vehículo do Exército e mataron por erro seis soldados", informou este sábado o gobernador de Kunduz, Mohamed Omar, aínda que finalmente confirmouse que o número de mortos é cinco. O incidente tivo lugar á última hora do venres perto do distrito de Chardara.

O venres pola mañá tres soldados alemáns morreron e outros cinco resultaron feridos de gravidade logo dun enfrontamento armado con membros da resistencia nesta mesma cidade, segundo informou o Mando do Exército alemán en Potsdam.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: