Ofrecémoslle o texto íntegro que deu a coñecer este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Documento asinado por Xulio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, Xosé Luís Méndez López, director xeral de Caixa Galicia e Marta Fernández Currás, conselleira de Facenda:
MANIFESTAN
-Que as dúas caixas, con coñecemento da Xunta de Galicia, acordan iniciar oficialmente os contactos aos efectos de analizar a posible confluencia nun proxecto común.
-Que as dúas caixas someterán esta vontade aos respectivos Consellos de Administración para a súa ratificación nas reunións que terán lugar os vindeiros 5 e 6 de abril.
E para que así conste subscriben o presente documento en Santiago de Compostela, a 29 de marzo de 2010.