Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo da vitoria electoral

Allawi inicia contactos para formar goberno en Iraq

Nova vaga de bombas ao tempo que comezan as conversas da coalición vencedora, de xiís laicos e sunís.

Redacción - 13:30 28/03/2010
Ayad Allawi

Ayad Allawi

O complicado mapa político iraquí comeza unha nova etapa esta semana co obxectivo de debuxar un pouco doado goberno estábel para o país baixo ocupación estadounidense. O novo equilibrio ten á fronte a coalición liderada polo ex primeiro ministro Allawi, que colleitou 91 dos 325 deputados do Parlamento. Atrás del, a formación do actual primeiro ministro al-Maliki paraba nos 89 asentos.

A ausencia de maioría esixe pactos, e en terceiro lugar abrolla a Alianza Nacional integrada por varios colectivos xiís, que suma 68 deputados e o grupo curdo, con 38. En principio Allawi contaría con trinta días para facer valer a súa maioría nas negociacións e chegar a acordos, mais un dos temores é que o proceso se estenda demasiado, tal e como xa aconteceu nos comicios de 2005, rematando nunha vaga de violencia logo de meses sen constituírse un novo goberno. Violencia que segue sen desaparecer das rúas iraquís onde a véspera da promulgación oficial dos resultados se producían nunha provincia ao norte do país explosións con saldo de máis de medio cento de mortos.

Para ampliar:


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: