Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRADICIÓN E GASTRONOMÍA

Doce anos saboreando o millo corvo

Meiro (Bueu) celebra esta fin de semana o Encontro Degustación desta festa declarada de Interese Turístico de Galiza.

Redacción - 09:30 27/03/2010

Despois da muiñada que este venres se celebrou no Muíño da Presa, no Canudo a festa está garantida toda esta fin de semana en Meiro (Bueu). A Asociación Cultural volverá render homenaxe ao millo corvo, unha variedade de cor negra case extinguida na comarca do Morrazo, que reivindica como testemuña de toda unha tradición.

Velaquí o amplo programa grazas ao que poderemos degustar diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo, dos que a máis tradicional é a empanada, e participar en ducias de actividades como un roteiro de sendeirismo polos muíños, obradoiros de xogos tradicionais ou asistir a charlas e conferencias sobre o produto homenaxeado. Por suposto a música tamén está garantida coas actuacións de Iván Costa, Tanto nos Ten ou grupos de música tradicional, ademais do Festival Pan de Millo, que contará coas actuacións das escolas de gaita e baile tradicional.

SÁBADO 27 DE MARZO
19:00 - ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
19:30 - Obradoiro: Fabricación artesanal de biodiésel. Impartido por Oscar Monteagudo Escariz.
20:00 - Festival "A PAN DE MILLO"
Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional:
o Grupo de Baile Retrouso
o Grupo de pandereteiras Retrouso
o Grupo de Baile Trompos os Pés
Actuación da Charanga Lembranzas da Ría.

• DOMINGO 28 DE MARZO
XII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
o 11:00 - Roteiro de senderismo aos muíños. Guiado por Manuel Aldao (Premio Deputación de investigación por "Os muíños de auga na Península do Morrazo").
o 11:00 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón: Marica Campo (escritora)
o 12:45 - Actuación do grupo de pandereteiras Bouba
o 16:30 - Obradoiro infantil de bailes-xogos tradicionais a cargo de Luis Prego.
o 17:00 - Charla - coloquio: "Revitalizando o noso: o galego e o millo corvo". Moderador: Henrique Harguindey. Ponentes:
• Ana Ameal Guerra (Licenciada en Filoloxía Inglesa e investigadora en Sociolingüística e Bilingüismo)
• Luis Carlos Cachafeiro Chamosa (Licenciado en Ciencias, sección de Matemáticas, e doutor en Informática)
• Manuel Bragado Rodríguez (Licenciado en Ciencias da Educación e director xeral de Edicións Xerais de Galicia)
o 20:00 - Actuación de Iván Costa.
o 21:00 - Actuación do grupo Tanto Nos Ten (TNT).

o DURANTE TODO O DÍA
:
- ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
- Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
- Talleres e obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
• Obradoiro de reciclaxe de periódicos e revistas usados.
• Obradoiro de reciclaxe con bolsas de plástico.
• Obradoiro de abanos de carballo.
• Zoqueiro.
- Actuación do cuarteto tradicional Os Cochenos.
- Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro - Bueu).
- Proxección de vídeo "Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición".
- Proxección memorando de actividades.
- Exposición etnográfica.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: