O presidente adianta que PSA-Citroën vai precibir entre 35 e 40 millóns para “desenvolver novos modelos”.
Nunha súa comparecencia no Parlamento, Alberto Núñez Feijoo adiantou que a Xunta vai poñer en marcha un plan para axudarlle ao sector da automoción. O presidente galego sinalou que o programa, que contará con 120 millóns de euros dos fondos públicos, quere axudar nestes momentos de crise a un ponla da economía galega que lle dá traballo a 40 mil persoas. A partida máis cuantiosa vai ir para PSA-Citroën “entre 35 e 40 millóns de euros de cara a desenvolver novos modelos en Galiza”.
Os dous eixos centrais das axudas van ser as “axudas para vender vehículos” e un plan que fomente “a eficiencia enerxética financiando os vehículos híbridos e os vehículos eléctricos”.