Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un ano de conflito

O bispado leva ao xulgado os veciños de Ribadulla pola titularidade do campo da festa

Os habitantes da parroquia aseguran que o terreo, que a igrexa católica tentou vender, é dunha asociación.

Redacción - 12:25 16/03/2010

Veciños de Ribadulla, no concello de Santiso, acudirán o día 25 ao xulgado de Arzúa, denunciados polo bispado. A acción xudicial pretende deixar claro a quen lle corresponde a propiedade da casa reitoral e do campo da festa situado ao seu carón. O enfrontamento entre as dúas partes comezou hai un ano, cando os veciños impediron que o bispado vendese tanto o inmóbel como os terreos lindeiros.

A oposición amosada pola freguesía e o medo que expresou o daquela párroco levou o prelado da diocese, Alfonso Carrasco Rouco, a pechar o templo de Ribadulla. Dende aquela, pasaron pola zona tres curas diferentes.

Agora, os veciños pretenden acudir en bloque ao xulgado de Arzúa, a onde están convocados para a vista preliminar, e, dese xeito, testemuñar a súa unión. O bispado insiste en que o campo da festa é seu, de aí que presentase unha acción demandante de propiedade no xulgado arzuán. O paso previo, un acto de conciliación, rematou sen éxito.

Como proba da súa titularidade, o bispado esgrimiu unha escritura de 1967, até agora descoñecida polos veciños, da época en que parte da parroquia quedou asolagada polo encoro de Portodemouros. Os veciños rebaten a proba con documentación catastral ao seu nome e cunha escritura pública que recolle cando propietarios de Ribadulla lle venderon o campo da festa á asociación de veciños.

En calquera caso, xa está anunciado un gran xantar no campo da festa para o 3 de abril. Están convidadas unhas 300 persoas e contratado un grupo musical.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: