Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Reaccións ao anteproxecto do decreto

"Queren crear analfabetos no idioma propio", censura o BNG

O Bloque reclama a dimisión do conselleiro e do que cualifican de "secretario xeral de eliminación lingüística" e define o texto de "retroceso sen precedentes".

Redacción - 15:30 15/03/2010

O cualificativo de "covardes" foi empregado este luns polo voceiro do BNG en materia lingüística, Bieito Lobeira, ao referirse á presentación en sábado, xornada non lectiva, do anteproxecto do decreto sobre a lingua no ensino. O deputado nacionalista reprochou que os membros do actual Goberno "pretenden que os nenos e nenas non teñan contacto co idioma galego nas aulas".

Canda el estivo tamén a voceira do BNG na área de Educación, Carme Adán, asinando a "rotunda oposición" do Bloque ao chamado 'decreto do plurilingüismo'. Indicaron que o BNG apoiará todas as iniciativas que ao respecto promova a Plataforma Queremos Galego para reclamar a retirada do documento e acusaron o PP de "mentir á cidadanía". "Quérena enganar cun texto que non deixa de ser un retroceso sen precedentes para o ensino galego nos últimos trinta anos", avaliaron os deputados do BNG.

De xeito especial, Carme Adán laiouse de que o galego vai quedar "desprotexido" nunha etapa "fundamental e prioritaria na educación infantil". Ademais, criticou que o decreto reafirma estereotipos como os ámbitos científicos ou tecnolóxicos para os que o idioma galego seica "non é apto para o seu ensino". Adçan chamou a desterrar esa "vella idea" de o galego non era adecuado para aprender, matemáticas, física, química ou calquera rama da tecnoloxía.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: