Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Declaracións de Rodríguez Miranda

Para o PPdeG, quen se opón ao texto está "contra a liberdade"

O voceiro do partido no Goberno asegura que o anteproxecto garante que non haberá alumnos que non coñezan ningunha das linguas oficiais.

Redacción - 11:45 15/03/2010

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou que o texto presentado pola Xunta para o uso da lingua no ensino é "unha garantía de que non haberá un só alumno galego que non coñeza á perfección as dúas linguas oficiais" e destacou o "esforzo" feito por un Goberno que "propón, escoita e logo decide" fronte a un bipartito "que se limitaba a decidir sen escoitar".

Miranda asegurou que sobre o ensino das dúas linguas oficiais ou se está "xunto á liberdade" que defende o PPdeG, ou "ao lado dos que apostan pola imposición", como o BNG ou o PSdeG, ao que acusou de ser "cómplice de quen quere que sexan os políticos os que decidan en que idioma se expresan os cidadáns".

Para o voceiro do PPdeG, o texto "non só garante ese equilibrio entre as dúas linguas, senón que amplía as liberdades individuais dos alumnos" e, ademais "revaloriza o papel dos pais, que terán voz e voto". Así mesmo, dixo non entender por que a oposición se coloca "en fronte da liberdade e non xunto aos que a defenden".


1/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: